Claridades foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1913 e 1916.

Historia e características Foi un periódico combativo, subtitulado Revista Semanal. Órgano de la Liga de Defensa Local. Apareceu o 14 de maio de 1913, e estivo dirixido por Carlos Vázquez Mariño ata o número 3, cando foi substituído por Antonio Rodríguez Somoza. O administrador era Enrique Iglesias Velmar. Tiña as seccións fixas Poesías, Sección municipal e Por el inalámbrico. Case todos os artigos están asinados con pseudónimos e dos poucos colaboradores dos que se coñece o nome destacan Julio Rupérez Lecea e Xavier Bóveda. Tiña ilustracións da autoría de Antonio Mariño.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Monforte de Lemos Categoría:1913 en Galicia