Juan García Niebla, nado na Graña (Ferrol) en 1875 e finado na mesma cidade o 17 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego. Traxectoria Obtivo o título de mestre nacional en 1895. Exerceu a docencia en Betanzos, e en 1902 fundou a escola pública de Caranza, da que foi director ata maio de 1914. Despois pasou á escola de nenos de Serantes, Ferrol Vello e finalmente Canido. Entre 1903 e 1910 promoveu unha serie de saídas escolares en bicicleta. Recompilou unha selección de redaccións dos seus alumnos sobre esas saídas e recolleunas no libro Los hombres del mañana."El Concello edita un libro sobre las salidas lectivas del maestro Juan García Niebla…" La Voz de Galicia, 25/4/2010 .

Foi representante por Serantes do Comité de Ferrol da Sociedad de Instrucción, Recreo y Beneficencia de Ferrol y su Comarca, constituída na Habana en 1909. Formou parte da sección de Trabajadores de la Enseñanza da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, ingresou no buque prisión Plus Ultra o 11 de agosto, o 16 foi entregado a axentes da Forza Pública que o asasinaron o 17. Foi soterrado nunha fosa común no camposanto de Canido.

Recoñecementos O concello de Serantes acordou en 1930 dedicarlle unha rúa. O acordo foi anulado, e a placa arrincada, tralo golpe militar de 1936. Pero foi reposto o 5 de abril de 1995 pola Corporación Municipal de Ferrol.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Llorca, Guillermo (2015). Juan García Niebla: entre a innovación pedagóxica e o compromiso cidadán. Muíño do Vento.

Ligazóns externas Las Escuelas de Ferrol en la Segunda República "El régimen de terror en Galicia. Fusilamientos y robos a mansalva" ABC, 17/10/1936, p. 10 .

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1936