Ramón Ferreira López, nado en Chantada en 1921 e finado en Miami o 7 de novembro de 2007Fallece el escritor y dramaturgo Ramón Ferreira. , foi un escritor galego.
Traxectoria Chegou a Cuba con oito anos coa súa nai e os seus irmáns. Estudou no Centro Gallego de La Habana. Viaxou aos Estados Unidos en 1946 e fixo cursos de fotografía en Boston. Volveu á Habana, estableceuse como fotógrafo e dedicouse a escribir narrativa e teatro. Recibiu mencións polo conto "El Pozo" en 1949 e "Tiburón" en 1950, e ese ano gañou o premio do concurso internacional co relato "Bagazo". O seu libro Tiburón y otros cuentos recibiu o Premio Nacional de Cuentos da Dirección de Cultura do Ministerio de Educación en 1951. A súa obra teatral Donde está la luz tivo unha mención no concurso do Patronato del Teatro. En 1957 comezou a dirixir G. E. Noticias e ese mesmo ano recibiu o Premio Tirso de Molina do Instituto de Cultura Hispánica de Madrid por El mar de cada día que foi recomenda para a súa publicación polo xurado do concurso da Casa de las Américas en 1960. En 1959 estreou a peza teatral El hombre inmaculado. En 1960 marchou a México, establecéndose en Porto Rico onde viviu ata 1999, cando se trasladou a Miami.
Obras Tiburón y otros cuentos, 1952. Los malos olores de este mundo. Cuentos, 1969. The gravedigger and other stories, 1986. Papá, cuéntame un cuento, 1989. Más allá la isla, 1991. Eslabones del exilio, 2005.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Galegos de Cuba Categoría: Nados en Chantada Categoría: Nados en 1921 Categoría: Finados en 2007 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes