miniatura|Os hóspedes de ultramar, por Nicholas Roerich (1899). Os rus’ (en ruso e ucraíno: Русь, [rusʲ], tamén Русичи ou Русы; sueco Ros; grego Ῥῶς), ás veces escrito tamén rus, é un nome introducido durante a Alta Idade Media para designar a poboacións da Europa Oriental que vivían en rexións que hoxe forman parte de Ucraína e de Rusia.
O territorio histórico do Rus de Kíiv forma parte hoxe do territorio de Ucraína, de Belarús, de Rusia, dunha pequena parte do nordeste de Eslovaquia e dunha faixa do leste de Polonia.
O termo rus, co que as poboacións eslavas e finesas designaban a algúns tipos de varegos ou viquingos poderían provir da raíz do antigo nórdico roðs ou roths usado no ámbito náutico e aínda existente nas linguas finesa e estoniana para designar aos suecos (ruotsi e rootsi, respectivamente).
A palabra rus''' inicialmente usábase para designar só á aristocracia escandinava da Europa Oriental, pero máis tarde pasou a indicar tamén a todas as poboacións que residían nesas rexións.
Un dos primeiros documentos históricos onde aparece citado un pobo chamado rus, na forma Rhos, son os Annales Bertiniani, unha recompilación de crónicas escrita por varios autores francos que data do ano 839 e referida aos anos entre 830 e 882, que os describe como unha tribo xermánica chamada suecos.
De acordo coa primeira crónica rusa ou Crónica de Néstor da Rusia de Kíiv recompilada ao redor de 1113, os rus eran un grupo de varegos, ou normandos ("homes do norte"), que se trasladaron primeiro de Escandinavia ao nordeste de Europa e, de aí, ao sur, onde deberon crear o estado medieval de Kíiv.
O seu nome sobrevive na designación Rospigg, proveniente de Roslagen, e os cognados (emparentados morfoloxicamente) rusos,at Encyclopedia Britannica rusinos, rutenos, e os que son vistos polos modernos belarusos, rusos e ucraínos como os predecesores do seu propio pobo. Na Suecia actual, os Rospiggar son homes que viven na rexión costeira da provincia de Uppland.
Etimoloxía A orixe do nome é obxecto de controversia. En xeral, a hipótese de E. Kunic e Vilhelm Thomsen foi a máis aceptada. Segundo estes autores, esta apelación deriva das linguas finesas. O nome de Suecia en finés é Ruotsi; en estoniano, Rootsi. Este nome é comunmente aceptado como un derivado de Roslagen, as zonas costeiras da provincia de Uppland en Suecia.
O estudoso danés T. E. Karsten sinalou que o territorio que agora ocupan as zonas de Uppland, Sodermanland e o leste da illa de Gotland en tempos antigos eran coñecidos como Rođer ou Rođin. Thomsen, en consecuencia, suxeriu que Rođer deriva probabelmente de rođsmenn ou rođskarlar, que significan xente de mar ou remeiros.
Tamén se suxeriu, porén, que o nome rus ben puido ter a súa orixe no nome iraniano do río Volga (por F. Knauer, Moscova, 1901), así como o Rosh de Ezequiel. O profesor George Vernadsky suxiriu unha derivación dos roxolani ou de ronsa, termo ario ("humidade", "auga"). Hai unha repetición de nomes nos ríos, como o Ros en Europa do Leste.The Russian Primary Chronicle: Laurentian Text Translated by O. P. Sherbowitz-Wetzor ISBN 0-910956-34-0.
Outra teoría é que o nome provén de Rüstringen en Frisia,Nazarenko A., Rjurik и Riis Th., Rorik // Lexikon des Mittelalters. VII. - Munchen, 1995. - P. 880, 1026. unha terra gobernada polo viquingo danés Rorik de Dorestad, de quen se ten suxerido que é o mesmo que Rúrik de Nóvgorod.
Algúns tamén conxecturan que o nome rus deriva dunha forma máis antiga de "vermello", posibelmente denotando a pel avermellada ou o pelo roxo. Por exemplo, a palabra "vermello" (красный, en ruso) foi un precursor do termo actual "fermoso".
Principais fontes miniatura|300px|Europa a principios do século IX. Roslagen está situada no extremo norte da zona rosa rotulada "Suecos e godos".Fontes eslavasSegundo o rexistro máis antigo eslavo oriental, a Primeira Crónica Rusa ou Crónica de Néstor, os rus eran un grupo de varegos entre outros, como os suecos, que vivían ao outro lado do mar Báltico, en Escandinavia, e tan lonxe como nas terras dos ingleses e os franceses. Os varegos foron primeiro expulsados, e despois convidados a mediar no conflito das tribos eslavas e finesas de Nóvgorod:
miniatura|250px|Nave funeraria dun xefe Rus descrita polo viaxeiro árabe Ahmad ibn Fadlan que visitou o Rus de Kíiv no século X.Pintura de Henryk Siemiradzki (1883). miniatura|250px|A invitación dos varegos. Rúrik e os seus irmáns Sineus e Truvor chegan ás terras dos eslavos.Pintura de Viktor Vasnetsov (1913).
Máis tarde, a Crónica de Néstor conta que conquistaron Kíiv e crearon o estado da Rus de Kíiv (que, como a maioría dos historiadores coinciden, foi precedida polo Khaganato de Rus). O territorio conquistado foi nomeado despois deles, como tamén o foi, eventualmente, o pobo local.Fontes islámicasIbn Haukal e outras dúas fontes islámicas, como Muhammad al-Idrisi, distinguiron tres grupos de Rus': Kuyavia, Slavia e Arcania. Na corrente principal da historiografía soviética rusa (como a representada por Borís Rybakov), estes foron identificados hipoteticamente cos "centros tribais" en Kíiv, Nóvgorod e Tmutarakán.
O diplomático e viaxeiro musulmán, Ahmad ibn Fadlan, que visitou a Bulgaria do Volga en 922, describiu a Rus (Rusiyyah) con termos moi favorábeis dos nórdicos:
Á parte de Ibn Fadlan, a teoría normanda ou normandista (véxase máis abaixo) baséase en gran medida nos datos do viaxeiro persa ibn Rustah, que supostamente visitou Nóvgorod (ou Tmutarakán, segundo George Vernadsky) e describe como na Rus explotan aos eslavos:Fontes gregasCando os varegos apareceron por primeira vez en Constantinopla (a expedición da Rus en Paflagonia, Asedio de Constantinopla do 860), os bizantinos parecen ter percibido aos Rhos (en grego: Ῥώς) como un pobo diferente dos eslavos. Polo menos nunca se dixo que formaran parte da raza eslava. Caracteristicamente, pseudo-Simeón Magister refírese á Rhos como Δρομΐται (Dromîtai), unha palabra relacionada coa palabra grega que significa "unha carreira", suxerindo a súa mobilidade na circulación por vías fluviais.
No seu tratado De administrando imperio, Constantino VII describe aos Rhos como os veciños dos pechenegos aos que lles compran vacas, cabalos e ovellas, "xa que ningún destes animais se poden encontrar en Rhosia". A súa descrición presenta á Rus como unha tribo belicosa do norte. Constantino tamén enumera os nomes das fervenzas do río Dniéper en Rhos e nas linguas eslavas. Os nomes do Rhos teñen unha distinta etimoloxía xermánica:
Essoupi (nórdico antigo vesuppi, "non durmas") Oulvorsi (nórdico antigo holmfors, "illa rápida") Gelandri (nórdico antigo gjallandi, "berrando, chamada en voz alta") Aeifor (nórdico antigo eiforr, "sempre forte") Varouforos (nórdico antigo varufors, "acantilado rápido" ou barufors, "onda rápida") Leanti (nórdico antigo leandi, "ferver", ou hlaejandi, "rir") Stroukoun (nórdico antigo strukum, "corrente rápida")Fontes de Europa occidentalA primeira fonte de Europa Occidental na que se menciona á Rus é os Annales Bertiniani ou Anales de San Bertín, que relatan que a corte do emperador Ludovico Pío en Ingelheim, 839 (o mesmo ano da primeira aparición dos varegos en Constantinopla), foi visitado por unha delegación do emperador bizantino. Nesta delegación había dous individuos que se chamaban a si mesmos como Rhos (Rhos Vocari edicebant). Ludovico informouse acerca das súas orixes e decatouse de que eran suecos. Ante o temor de que foran espías dos seus irmáns, os dinamarqueses, mandounos encarcerar. Posteriormente, nos séculos X e IX, as fontes latinas confundiron rutineiramente á Rus, coa extinta tribo xermánica dos ruxios. Olga de Kíiv, por exemplo, aparece designada nun manuscrito como unha raíña dos ruxios.
A teoría normandista miniatura|350px|Mapa mostrando os asentamentos eslavos baixo o control dos varegos (en vermello) e localización das tribos eslavas (en gris), a mediados do século IX. O contorno azul indica a extensión da influencia dos kházaros. A teoría normanda ou normandista (:ru:Норманская теория) suxire que a Rus de Kíiv puido tomar o seu nome dunha elite de dirixentes escandinavos, como ocorreu no caso de Normandía.
Os partidarios desta teoría afirman que o nome de Rus, como o nome finés de Suecia (Ruotsi), deriva dun termo do nórdico antigo que significa "os hombres que reman", pois o remo foi o principal intrumento para a navegación nos ríos de Rusia, e isto está vinculado á zona costeira sueca de Roslagen ou Roden, desde onde segundo a Crónica de Néstor, os varegos viñeron. O nome de Rus tería a mesma orixe que os nomes en finés e estoniano para Suecia: Ruotsi e Rootsi.
Suxeriuse que os viquingos tiveron algunha influencia perdurábel na Rus, como testemuñan as palabras préstamo, tales como iábeda "persoa que se queixa" (de aembaetti "oficina"), skot "gando" (de skattr "imposto") e látego (de knut, knutr "madeira con nós"). Ademais, tres nomes nórdicos, dos primeiros gobernantes varegos, fixéronse populares entre a tardía dinastía Rúrika e despois entre os pobos eslavos orientais en xeral: Oleg (Helgi), Olga (Helga) e Ígor (Ingvar).
A idea da teoría normanda, por primeira vez, foi suxerida polo rei Xoán III de Suecia na súa correspondencia co tsar Iván IV de Rusia.
Pero esta teoría foi desenvolvida polo historiador alemán Gerhard Friedrich Müller (1705-1783), que foi invitado a traballar na Academia Rusa de Ciencias en 1748. Ao comezo do seu famoso discurso 1749, Müller declarou que os "gloriosos escandinavos conquistaron todas as terras de Rusia coas súas armas vitoriosas". Como no resto do discurso presentou unha longa lista de derrotas de Rusia polos alemáns e os suecos, Müller viuse obrigado a abreviar o seu relatorio polos gritos da audiencia. A crítica mordaz de Lomonósov, Krashenínnikov e outros académicos, levaron a que Müller fora forzado a suspender o seu traballo sobre a cuestión até a morte de Lomonósov. A pesar de que o texto orixinal do relatorio foi destruído, Müller logrou refacelo e reimprimiuno como Origines Rossicae en 1768.
Outros partidarios notábleis da teoría normándica do Estado ruso —incluíndo Nikolái Karamzín (1766-1826) e o seu discípulo Mikhail Pogodin (1800-75)— deron crédito ás afirmacións da Crónica de Néstor: que os varegos foran invitados polos eslavos do leste para que se pronunciaran sobre eles e restableceran a orde.
A teoría non estaba exenta de implicacións políticas. Segundo Karamzín, a teoría normanda constituía a base e a xustificación da autocracia rusa (en contraposición á anarquía do período pre-Rúrik), e Pogodin apoiándose na teoría, opinou que Rusia era inmune aos trastornos sociais e ás revolucións, porque o Estado ruso orixinárase nun tratado voluntario entre o pobo de Nóvgorod e os gobernantes varegos.
Recentes estudos xenéticos, realizados por investigadores afeccionado, no "proxecto do ADN da árbore xenealóxica da dinastía Rúrika", coinciden coa teoría, localizando a orixe da rama dos Monomáiovich (:ru:Мономаховичи) (Monómaco) do ADN de descendentes Rúrik (consecuente co tipo fino-ugrio) nunha zona de Uppland, ao norte de Estocolmo, en Suecia.http://www.biodiversityforum.com/showthread.php5?t=31166http://www.familytreedna.com/public/rurikid/index.aspx?fixed_columns= sobre o proxecto do ADN da árbore xenealóxica da dinastía Rúrika. A pesar do feito de que o estudo non é cientificamente exacto, é coherente con outros estudos que encontran aos fino-ugrios como a orixe dos Monomáiovich. Ironicamente, as outras ramas dos Rúrik, como os Olégovich, son evidentemente de raíces eslavas.http://www.runewsweek.ru/rubrics/?rubric=science&rid=2286