O Santa Ana foi un barco arrastreiro galego que afundiu na costa de Asturias o 10 de marzo de 2014. Descrición do buque O Santa Ana era un buque construído en 1980 baixo o nome de Marirosa pola empresa Navalfoz, de Figueira da Foz. Era propiedade dun armador de Muros e boa parte da súa tripulación era de Muros tamén. Porén, a súa base tíñaa no porto de Matosinhos e a súa bandeira era portuguesa.
Cargaba unha tonelaxe de 199 Tm, cun peso morto de 425 Tm.
O accidente O arrastreiro saíu, acompañado doutros dous barcos, do porto de Avilés na noite do 9 ao 10 de marzo de 2014. A intención era pescar xarda. Cando saía, tocou nuns baixos do porto e afundiu nas proximidades de illa Herbosa, un illote deshabitado ao noroeste do cabo de Peñas, na zona central de Asturias.
A tripulación estaba composta por nove persoas, das que sobreviviu unha, sete faleceron, e unha quedou desaparecida. As súas nacionalidades eran indonesia, portuguesa e española, entre os que había catro galegos de Muros e un asturiano. O sobrevivente foi un mariñeiro de Muros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Naufraxios de pesqueiros galegos Ligazóns externas Galería de imaxes do Santa Ana
Categoría:Accidentes marítimos Categoría:Arrastreiros Categoría:Barcos de 1980 Categoría:Asturias