A Interestatal 75 ( Abreviado I-75 ) é unha autoestrada interestatal de trazado norte-sur no área dos Grandes Lagos e o sueste dos Estados Unidos. Comeza desde a estrada estatal 826 (Palmetto Expressway) e a Estrada Estatal 924 (Gratigny Parkway) en Hialeah, Florida(mapa) e termina na ponte internacional de Sault Ste Marie, Míchigan(mapa) na fronteira coa provincia de Ontario no Canadá. A I-75 pasa a través de seis estados diferentes: Florida, Xeorxia, Tennessee, Kentucky, Ohio e Míchigan.

Debido aos altos niveis de tráfico na autoestrada gran parte da ruta é de seis carrís, ata nas zonas rurais. O segmento máis longo continuo de seis carrís (ou máis) é ao longo do I-75 desde o Turnpike da Florida en Wildwood, ao I-24 na zona de Chattanooga, co I-475 para aliviar o tráfico en Macon, malia este longo tramo ten unha excepción ás súas 3 carrís continuos en torno á división I-75/I-475 onde é de 2 carrís a cada lado nuns poucos quilómetros.

Longo da ruta 20px Km. Estado757,8120px Florida 571,4920px Xeorxia260,4920px Tennessee308,6420px Kentucky340,0520px Ohio636,5620px Míchigan2875.04Total

Principais interseccións As principais interseccións desta ruta son: 20px Interestatal 595 en Davie, Florida, que serve ao Aeroporto Internacional Fort Lauderdale-Hollywood 20px Interestatal 4 preto de Tampa, Florida 20px Interestatal 275 preto de Lutz, Florida 20px Interestatal 10 en Lake City, Florida 20px Interestatal 475 arredor de Macon, Xeorxia (dúas veces). 20px Interestatal 16 en Macon, Xeorxia (Map) 20px Interestatal 675 cerca de Stockbridge, Xeorxia 20px Interestatal 85 en Atlanta, Xeorxia. Permanecen xuntas durante varios quilómetros polo centro nunha estrada coñecida como "Downtown Connector". 20px Interestatal 20 en Atlanta 20px Interestatal 24 en Chattanooga, Tennessee 20px Interestatal 40 preto de Lenoir City, Tennessee. Permanecen xuntas ata Knoxville, Tennessee. 20px Interestatal 64 en Lexington, Kentucky. Permanecen xuntas durante 6 millas (9,7 quilómetros) ao leste do centro de Lexington. 20px Interestatal 71 en Walton, Kentucky. Permanecen xuntas ata Cincinnati, Ohio. 20px Interestatal 275 en Erlanger, Kentucky. 20px Interestatal 74 en Cincinnati 20px Interestatal 70, en Vandalia, Ohio (preto de Dayton) 20px Interestatal 80 / Interestatal 90 e Ohio Turnpike en Rossford, Ohio 20px Interestatal 475 en Perrysburg, Ohio e Toledo, Ohio 20px Interestatal 280 en Toledo, Ohio 20px Interestatal 96 (Jeffries Freeway) en Detroit, Míchigan 20px Interestatal 375 en Detroit 20px Interestatal 94 (Ford Freeway) en Detroit 20px Interestatal 69 en Flint, Míchigan 20px Interestatal 475 en Flint 20px Interestatal 675 en Saginaw, Míchigan

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Interestatal 75 en Míchigan Highways Interestatal 75 en Cincinnati-Transit.net

75