Martín Sevilla Rodríguez, nado en Xixón o 19 de decembro de 1948 e finado na mesma cidade o 16 de maio de 2013, foi un filólogo asturiano, especializado en indoeuropeo e en indoloxía.

Traxectoria Estudou filoloxía clásica na Universidade de Salamanca e doutorouse na Universidade de Oviedo en 1980 coa tese Toponimia indoeuropea prelatina de Asturias, dirixida por Luis Michelena Elissalt, e impartiu docencia nesta universidade dentro do departamento de filoloxía clásica e románica.

Centrou os seus estudos na toponimia e nos estudos de indoloxía, onde destacou no estudo dos Vedas e da poesía amorosa india.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Nota necrolóxica no Instituto de Indología . Blog persoal do autor. A súa necrolóxica.

Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Indoeuropeístas