San Pedro de Aiazo é unha parroquia civil do concello de Frades. Segundo o INE, en 2025 tiña 134 habitantes (73 homes e 61 mulleres) distribuídos en 3 entidades principais de poboación (Fontelo, Fonsá e A Devesa).
Xeografía Situación Aiazo sitúase no suroeste do concello de Frades (Comarca de Ordes), a 30 km de Santiago de Compostela, a 50 km da Coruña e a 72 km de Lugo. Ao sur está separado polo río Tambre das parroquias de Lardeiros e Pastor do Pino, xa na comarca de Arzúa, ao norte linda coas parroquias fradenses de Moar e Frades, polo leste coa parroquia de Gafoi e polo oeste coa parroquia de Pasarelos de Oroso.
Orografía O relevo está condicionado polo paso dos ríos Maruzo (polo norte) e Tambre (polo sur). O seu territorio ten suaves outeiros cuxas alturas van dos 267 msnm, na zona da Hedra, no val do Tambre e ao suroeste de Aiazo; até os 356 msnm no Coto dos Cregos, no leste da parroquia ou os 355 msnm no Coto do Alto, no oeste de Aiazo. et al., 2012. Mapa de bosques e aldeas de Aiazo
Atópase na zona xeolóxica do complexo dos xistos de Ordes.
Clima O clima de Aiazo é oceánico, con abundantes precipitacións e temperaturas suaves, en torno aos 12 °C de media anual. Os invernos son frescos e chuviosos, con frecuencia a temperatura está arredor do 0 °C polas noites, polo que hai abundantes xeadas e mesmo nevadas esporádicas de pouca importancia, mentres que os veráns son relativamente secos e cálidos, con temperaturas que superan con facilidade os 25 °C.
Demografía miniatura|Carballeira de Aiazo. Aiazo ten unha poboación reducida e con tendencia ao avellentamento, propia da Galiza rural interior. A tendencia ao despoboamento e avellentamento é un pouco menos acusada que no resto do concello de Frades. Desde o ano 2000 até o 2025 Aiazo perdeu o 23% da súa poboación, mentres que o termo municipal no seu conxunto perdeu o 30% da súa poboación total. Existe unha emigración a centros urbanos, sen inmigración significativa e con baixa natalidade.
Nos primeiros anos do século amosara resultados demográficos mellores cós da súa contorna, rexistrando incluso retornados e inmigrantes de idade media. A crise de 2008, así como a mellora nos tempos de transporte por estrada a centros de traballo próximos, favorecera certa estabilidade demográfica pero continuou a perder habitantes, rexistrando xa en 2019 menos de 150 habitantes por primeira vez desde que hai rexistros.miniatura|Fonsá e o Pazo de Mariñas Existiu un proceso de migración ás cidades próximas (como A Coruña ou Vigo, en Galiza) ou estatais ou internacionais (Barcelona e especialmente o municipio de Santa Coloma de Gramenet, Bilbao, Madrid, Londres, Aller, Zürich, Hamburgo, ou cidades de Francia e Portugal) que aconteceu no século XX. Iso é o motivo de que durante o o verán a poboación de Aiazo incremente significativamente, chegando a ser o dobre có resto do ano: un fenómeno de retorno estival da poboación desprazada.
Nas primeiras décadas do século XXI a tendencia á emigración mantívose, especialmente entre os máis novos.
Distribución da poboación A poboación de Aiazo está relativamente espallada dentro da zona habitada e repártese nas seguintes aldeas ou lugares: Fontelo: aldea de casas antigas e agrupadas en torno a unha rúa retorta e alongada que desemboca noutra máis ancha e recta. Fontelo ten varias casas despoboadas e algunha abandonada. En décadas anteriores, este núcleo constituíase como un importante centro socioeconómico na súa contorna rural, especialmente durante os séculos XVII e XVIII e con anterioridade á constitución do municipio de Frades en 1834. A Igrexa: localizada en torno á igrexa de San Pedro. En 2010 tiña en seis casas, das cales só dúas están habitadas durante todo o ano. Acolle a praza para festas locais, o cemiterio e os xardíns da igrexa. A Devesa: formada principalmente por casas antigas, algunhas restauradas ou reformadas. Fonsá: acolle unha mestura homoxénea de casas antigas, abandonadas e restauradas, e casas recentes. Destaca dela o pazo e unha urbanización. A Carballeira: Zona residencial ao norte de Fontelo, predominan vivendas de recente construción. Galtar: Formada por catro casas de finais do século XX, todas elas ao longo dun camiño. Estrada-Vilanova-Novavista-Canizos: zona de casas atravesada pola estrada AC-3803 que comunica Ordes con Ponte Carreira. Son na súa maioría casas antigas reformadas e casas recentes, algunhas de poucos anos. A Pedra: aldea con dúas vivendas e numerosas cortes que acollen a única explotación agrícola. O Cadro: dúas vivendas preto da Pedra, nunha zona baixa, preto do río Tambre. Liñares: tres vivendas de nova planta. A Torre: ocupa un cruzamento de sendas e acolle cinco vivendas. miniatura|Residencias na Praza da Igrexa. O lugar de Fontelo e a súa contorna é a zona máis poboada de Aiazo con 70 habitantes (INE, 2025), seguido de Fonsá e a súa contorna con 42 habitantes e por último A Devesa e a súa contorna con 22 habitantes.
Historia
En Aiazo foron achados diversos xacementos arqueolóxicos dos tempos castrexos, coma o Dolmen de Aiazo, túmulo megalítico datado no neolítico, tratándose dun dos máis grandes e antigos de toda Galiza ou o Castro das Medorras, asentamento fortificado datado na Idade de Ferro, ademais doutros túmulos do neolítico e varios vestixios funerarios de épocas indeterminadas. Esta serie de xacementos testemuñan un moi antigo poboamento das terras que hoxe forman Aiazo, de máis de 5 000 anos, idade estimada do Dolmen de Aiazo ou Peneda de Guntín. Próxima a Aiazo foi achada unha mina romana, que dá indicios dunha continuación do poboamento durante a civilización romana.Catálogo arqueolóxico do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Frades.
Entre os séculos XVII e XIX construíronse en Aiazo diversas casonas e pazos de importancia na contorna, como unha aínda habitada casa barroca en Fontelo, que fora residencia dunha influente familia de carlistas con contactos en Santiago de Compostela e Madrid, entre cuxos membros destacaron o capitán carlista Andrés Ramos Suárez de Castro e a súa esposa Mercedes Sánchez-Somoza Rey; ou a Casa Fogueteiro, casona barroca e en tempos pensión, abandonada na segunda metade do século XX, hoxe en avanzado estado de ruína mais catalogada pola súa importancia arquitectónica.Catálogo arquitectónico do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Frades
No século XIX, Aiazo pasou a integrarse no municipio de Frades, que se formara ao ficaren unha serie de parroquias sen municipio na formación de municipios en toda España, e foron agrupadas nun novo municipio que recibiu este nome por situarse na parroquia de Frades un edificio cedido por unha importante familia local"Frades nombra a José María Botana hijo predilecto" La Voz de Galicia. para ser a casa consistorial do novo municipio, e que o segue sendo até a actualidade. Por Aiazo pasou desde a Idade Media un camiño entre Sobrado dos Monxes e Santiago de Compostela, mesmo camiño que deu nome á parroquia veciña de Frades e, por extensión, ao municipio enteiro, por ser a esta altura cando os frades que viaxaban de Sobrado a Santiago facían noite, nun camiño que duraba case 2 días. A Casa Fogueteiro foi no séculos XVIII e XIX unha pensión onde os frades durmían. Tamén no século XIX se construíu a Igrexa de San Pedro, lo lugar coñecido hoxe como a Igrexa; Trátase dun edificio barroco dunha soa nave con corpo lateral no lado norte da cabeceira para a sancristía, con muros de cachotería, hoxe recebados e pintados de branco, e esquinais enmarcados en canteríaCatálogo de arquitectura relixiosa do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Frades.
No século XX o camiño a Santiago perdeu tal importancia, especialmente tras a apertura e dinamización de novas vías para os automóbiles. Aiazo quedou entón recluída a parroquia agraria, sen máis importancia cás veciñas, e destacando polo volume de poboación enviado á emigración ao longo do século XX. Na década dos 1950 comezaron en Aiazo os traballos de concentración parcelaria, finalizados a comezos dos 1990, que modificaron por completo a paisaxe de Aiazo. Desde a década dos 1980 a estrutura socioprofesional de Aiazo foise modificando, á vez que diferentes retornados de migracións cara Europa ou destinos españois, investían en Aiazo en forma de construcións de nova planta. Rematada a concentración, Aiazo entrou no século XXI sendo un lugar radicalmente diferente ao século anterior: novo viario, novos usos das terras, paisaxe transformada, novas vivendas e outras abandonadas con algunha restaurada. Na primeiras décadas do XXI apenas se construíron vivendas novas, mais rehabilitáronse varias vivendas antigas. A poboación estable de Aiazo tendeu a diminuír até hoxe, porén, a poboación estacional e de fins de semana mantívose estable. Nos anos 90 cobrou importancia a Asociación de Veciños de Aiazo, posteriormente denominada Asociación de Veciños 'Os Pasos' de Aiazo. Este grupo de acción local, composto por residentes fixos e de fin de semana, dinamizou a vida en Aiazo dun xeito extraordinario. O primeiro gran fito foi a inauguración da Área Recreativa Fluvial Os Pasos de Aiazo, o 23 de xullo de 1994. Isto trouxo consigo o impulso de diversos eventos e celebracións que teñen Os Pasos como centro, como a Festa dos Pasos (desde 1994) ou a Ruta de Sendeirismo (desde 1998). En xaneiro de 2006 tivo lugar a I Edición da Festa da Merenda, ideada por influentes veciñas dentro da Asociación de Veciños Os Pasos Aiazo. A asociación veciñal componse dunha directiva de 11 membros escollidos entre todos os socios por períodos de dous anos. A comezos dos anos 20 produciuse unha vaga de novas afiliacións de socios e tivo impulso un certo relevo xeracional. As novas directivas, coa presidencia de Enrique Astray, buscaron implicar a máis veciñas e veciños na vida comunitaria de Aiazo, impulsaron a recuperación do Local Social de Tralaeira como centro de eventos, crearon o 1º Campionato de Tute (2023) e incorporaron a celebración do San Xoán en Aiazo, ademais de continuar co traballo das directivas anteriores.
Cultura Patrimonio miniatura|Ponte dos Pasos no lugar de Porto Aiazo, antigo porto fluvial que comunicaba Lardeiros (O Pino) con Aiazo. Patrimonio arqueolóxico En Aiazo atópase un dolmen que foi descuberto nos anos 90, destruído e situado a 500 m da Carballeira, no monte de Trasgaltar. O seu abandono foi denunciado por diversos colectivos en múltiples ocasións, tendo especial importancia a Associaçom Cultural Obradoiro da História, que ademais informou ao pobo da importancia do achado.
Patrimonio arquitectónico O Pazo de Fontelo é mansión barroca que se atopa no lugar homónimo. O Pazo de Mariñas é un pequeno pazo restaurado de propiedade privada da Fonsá.
Nas ribeiras ao longo do río Maruzo hai varios muíños, moitos deles aínda con moa. Entre eles destaca o muíño das Mestas.
Patrimonio natural A ribeira do Maruzo forma parte do ZEC da Rede Natura 2000 Río Tambre. Os bosques de ribeira consérvanse ás beiras dos ríos Gaiteiro, Tambre e Maruzo. No resto da parroquia coexisten as zonas de labranza e vivendas e as masas forestais, con plantacións de eucaliptos e piñeiros ou outros bosque sautóctono de caducifolios (carballo, bidueiro, ameneiro, salgueiro etc). O monte baixo de toxo e silva é pouco frecuente.
En Aiazo existe un ruta de sendeirismo paralela ao río Tambre e que continúa polo resto do concello de Frades así como unha área recreativa fluvial, a dos Pasos, á beira do Tambre. Os Pasos inaugurouse en 1994 e é transitada máis no verán. Asociacións veciñais organizan festa para conmemorar no lugar.
A Peneda da Hedra é unha cova natural de interese. É limítrofe co concello de Oroso e alí foi onde viviu un zapateiro PAZOS, M. e PEREIRO, D., 2004. Concello de Oroso. Guía histórica en imaxes. Asociazón cultural Obradoiro da História. 1ª ed..
Etnografía Festas locais e cultura