miniatura|Policía federal de Austria Un uniforme é a vestimenta específica e distintiva dos membros dunha entidade ou organización mentres participan nas actividades dese colectivo levándoo segundo unha serie de regras establecidas. Os uniformes poden incluír insignias ou distintivos co nome. Adoitan levar uniformes os militares e membros das forzas de seguridade, servizos de emerxencia, gardas de seguridade, os reclusos, os alumnos de determinados colexios, pilotos, carteiros e moitos outros colectivos.
Historia A orixe do uniforme é militar, na antigüídade os exércitos distinguíanse pola roupa tradicional do pobo de cada banda, aínda así houbo casos de unidades militares que tiñan un alto grao de estandarización na súa aparencia, como o caso das lexións romanas, pero coa caída do Imperio Romano desapareceron esas primeiras formas de uniforme. A Guerra dos Trinta Anos (1618-1648), unha guerra longa, que se desenvolveu en boa parte de Europa e que mobilizou unha gran cantidade de soldados destinados en unidades militares durante moito tempo, supuxo o comezo da adopción de signos distintivos, como é o caso do uniformeRoche, Daniel (1996) The Culture of Clothing: Dress and Fashion in the Ancien Régime, Cambridge University Press, p. 222, aínda así durante a guerra só unha pequena parte das unidades vestían uniforme fronte a 1660 cando xa era algo xeral en exércitos como o francésThion, Stéphane (2008) French Armies of the Thirty Years' War LRT Editions, p. 117, adoptando uniformes a maioría dos exércitos europeos entre 1650 e 1720Mansel, Philip (2005) Dressed to Rule: Royal and Court Costume from Louis XIV to Elizabeth II Yale University Press, p. 19 aínda que as normas e directrices sobre os uniformes non sempre se cumprían, mesmo xa avanzado o século XVIIIRoche, Daniel (1996) The Culture of Clothing: Dress and Fashion in the Ancien Régime, Cambridge University Press, p. 228, Contribuíu a este desenvolvemento dos uniformes o establecemento de exércitos permanentes e o desenvolvemento da industria téxtil que se produciu entre mediados do século XVII e o XVIII. No século XVIII as cortes europeas, agás a francesa, adoptaron os uniformes, sendo costume ou obrigatorio levalo cando se acudía a ela, creándose uniformes civís para os diplomáticos e altos funcionariosMansel, Philip (2005) Dressed to Rule: Royal and Court Costume from Louis XIV to Elizabeth II Yale University Press, p. 28 e para o comezos do século XIX as cortes europeas adoptaron uniformes para os funcionarios ao seu servizo Mansel, Philip (2005) Dressed to Rule: Royal and Court Costume from Louis XIV to Elizabeth II Yale University Press, p. 98 espallándose tamén para todos ou parte dos funcionarios públicos.
Tipos Un uniforme militar indica que quen o leva é un combatente legal e polo tanto protexido pola tratados internacionais sobre leis de guerra. Os uniformes civís indican a capacidade para exercer autoridade pública de quen os leva, e os uniformes de traballo identifican a quen o leva como membros dunha determinada profesión ou mesmo empresa. Ademais existen uniformes para actos específicos, como os uniformes de gala e etiqueta para a asistencia a determinas actividades ou cerimonias, para alén da existencia de uniformes de diario, de traballo, de campaña, de voo e especiais para determinados climas ou labores. Uniformes militares Evolución dos uniformes militaresA información deste apartado procede do libro de Preben Kannik, Uniformer i färg, Almqvist & Wiksell: Estocolmo, 1969 Uniforme militarTraxe civil á modaComentariosUniforme militarTraxe civil á modaComentarios miniatura|100px|Soldado do rexemento Picardie 1672 miniatura|100px|Home da clase privilexiada con casaca 1678Tanto o chapeu, o pano de pescozo, a casaca, os calzóns, as medias e os zapatos son case idénticos para o uniforme e para o traxe civil segundo a moda do último terzo do século XVII. miniatura|100px|Soldado do rexemento Picardie 1710 miniatura|150px|Personaxe francés do estamento privilexiado vestido á moda de 1710 Uniformes e traxes civís seguen a comezos do século XVIII unha evolución paralela, as abas dos chapeus elévanse (tricornes), as casacas acurtánse, os calzóns tórnanse estreitos e as medias van ao longo dos xeonllos.miniatura|150px|Soldado do 13th regiment of Foot 1742 miniatura|150px|Home inglés do estamento privilexiado 1747 Cara a 1740 os uniformes militares e os traxes á moda diferían en moitos detalles; a roupa militar vai máis cinguida e as medias convértense nunha especie de polainas que pasan por riba dos zapatos. A roupa civil pola contra ten un corte máis solto, dando unha impresión de elegancia e as medias van por riba das calzas. miniatura|150px|Oficial e soldado do Füsilier-Regiment Prinz Heinrich von Preußen 1785 miniatura|150px|Membro da clase privilexiada 1782 Tanto a chaqueta militar como a civil teñen cada volta un corte máis estreito, tirando cara a un frac, os chapeus pasan de tricornes a bicornes. Son claramente militares as botas, a cinta de oficial e o cinto da tropa miniatura|160px|Oficial e soldado do 40th regiment of Foot 1812 miniatura|160px|Home da clase privilexiada 1815 O uniforme militar xa non pode ser confundido cun traxe civil, non obstante segue as leis da moda civil, impoñéndose o frac con dobre ringleira de botoeiras e colo alto, as calzas longas dos civís derivan en pantalóns, e o sombreiro de copa alta nun shakó, de orixe húngara. miniatura|180px|Coronel ruso (ca.1840). miniatura|160px|Dous nobres británicos, 1844. A partir da década de 1840 os exércitos abandonan os fracs en beneficio das túnicas, nunha tendencia que facilitaba a comisión do servizo pero tamén seguindo as modas civís, non obstante o uso de xarreteiras indican claramente que se trata dun uniforme de filiación militar
Cores dos uniformes nacionais no século XVIII InfantaríaFrancia España Sardeña Austria Saxonia desde 1734 Gran Bretaña Hannóver Dinamarca Hamburgo Lübeck Saxonia ata 1734 Portugal ata ca 1750rexementos irlandeses no exército francésrexementos suízos no exército francés RusiaBavieraSuecia Prusia Países Baixos Holstein-Gottorp Würtemberg Savoia Portugal desde ca. 1750
En contraste coa cabalaría, a infantaría de cada país adoitaba utilizar unha cor predominante nas casacas dos seus uniformes.
Uniformes militares no século XX
Uniformes navais Os uniformes das unidades navais desenvolvéronse máis tarde que a das forzas de terra, moitas mariñas empregaban uniformes azuis por mor da superioridade naval británica. Os uniformes dos oficiais navais convertéronse na base dos uniformes civís da mariña mercante. Mariñeiros O uniforme dos mariñeiros caracterízase polo gorro de mariñeiro, xeralmente branco que pode presentar abas cara a arriba, o pescozo azul e camisa de mariñeiro, nalgúns países como Francia tamén é característico unha camiseta de raias
Oficiais É caracerístico do uniforme do oficial naval a gorra con viseira, chaqueta cruzada e as insignias nas mangas; no uniforme de verán a insignia vai no ombreiro. Os suboficiais adoitan levar un uniforme do mesmo tipo que os oficiais.
Uniformes das forzas aéreas As forzas aéreas establecéronse logo da primeira guerra mundial como unha organización militar permanente e independente. A primeira en establecerse foi, en 1918, a Royal Air Force no Reino Unido, e o seu uniforme converteuse nun modelo para outras forzas aéreas, aínda que en menor medida que o fora o da súa mariña. O primeiro uniforme adoptado foi de cor azul claraOfficer's Light Blue 1918 Pattern. britairforce.com para uso dos oficiais pero axiña foi substituído polo desde entón característico azul gris adoptado en setembro de 1919Hobart, Malcolm (2000) Badges and Uniforms Of The Royal Air Force Leo Cooper, Pen & Sword Books, p. 26 con gravata e como na mariña as insignias nas mangas. Os recrutas levaron uniformes caqui ata 1924 cando tamén se substituíron por uniformes da mesma cor que os dos oficiais.
Uniformes civís Os primeiros uniformes civís foron os empregados nas cortes reais europeas e aínda que houbo casos illados de introdución nalgúns órganos da administración, como a aprobación en 1785 dun regulamento para a adopción do uniforme para os empregados do correo prusianoPostarchiv, vol. 33. 1905 Reichspostministerium, p. 456, a súa difusión aos funcionarios e empregados da administración débese á Revolución Francesa, ao adoptaren as autoridades revolucionarias uniformes civís en 1795 para diferenciar os funcionarios públicos do resto da poboación e que o pobo honrase e respectase o que representaban Hunt,Lynn Avery (1984)Politics, Culture, and Class in the French Revolution. University of California Press, pp. 77-78. Cos cambios que se introduciron nos países europeos como reacción á Revolución Francesa, outros países adoptaron o costume, así Prusia en 1804 publicou un regulamento de uniformes civís, onde distinguía os uniformes de gala e os uniformes de traballo diarioZiviluniformen, LWL, portal educativo da autoridade rexional de Westfalia-Lippe Uniformes cortesáns
Uniformes diplomáticos Os uniformes diplomáticos introducíronse en Europa a comezos do século XIX deseñados seguindo o modelo dos uniformes cortesáns, no decurso do século XX a maioría dos países abolíronnos, aínda que algúns países mantéñenos para algunhas cerimonias, como a presentación de credenciaisHackspiel-Mikosch, Elisabeth (2005). "Uniforms, diplomatic". In Steele, Valerie. Encyclopedia of Clothing and Fashion vol. 3. Thomson Gale. pp. 362–364
Uniformes policiais En Europa coexisten dúas tradicións, a anglosaxoa onde a policía era eminentemente local, aínda que co tempo se foi nacionalizando e a tradición continental que creou organizacións policiais centralizadas. Case todos os países de fóra de Europa seguiron algunha desas dúas tradicións, que se reflicte tamén nos uniformes, as policías que seguen a tradición continental adoitan ter uniformes que lembras aos dos militares mentres que a da tradición anglosaxoa seguen os uniformes azuis da policía londiniense. A primeira policía puramente civil en uniforme xorde en 1829, os sarxentos da vila en París , aínda que unidades militares xa exercían funcións de policía en uniforme, a Xendarmería de Francia, da que xurdiu a Maréchaussée en 1720, antecesora da Xendarmería Nacional creada en 1791 tamén con uniforme e principalmente con funcións de policía civil pero cun status militar.
Uniformes políticos Non é habitual que os membros das organizacións políticas leven uniformes mesmo é común que os militares ou policías teñan prohibido levar o seu uniforme en actos de organizacións políticas e nalgúns países existe a prohibición absoluta para os militares de formar parte de partidos políticos. Historicamente o seu uso foi habitual nas organizacións paramilitares, Freikorps, que formaron os ex-combatentes alemáns tras a redución do exército polo Tratado de Versalles, a súa ideoloxía era protofascista e nacionalista, logo da prohibición aos ex-combatentes de participaren en organizacións paramilitares, moitos ingresaron en organizacións políticas extremistas, nese caldo xurdiu o Partido Nazi, e as súas organizacións paramilitares uniformadas, en toda Europa multitude de grupos políticos ou paramilitares adoptaron ese gusto polos uniformes. Co acceso ao poder dos nazis, os uniformes xeneralizáronse masivamente entre a poboación, como boa parte formaba parte por obriga ou por vontade, de organizacións vencelladas aos nazis. Na Italia fascista ou na España do primeiro franquismo déronse situacións parecidas, logo da segunda guerra mundial, nalgúns países como foi o caso de Alemaña prohibíronse ás organizacións políticas levar uniformes.
Uniformes escolares miniatura|Estudantes de Corea do Norte co uniforme obrigatorio