Ronald Charles Colman, nado en Londres o 9 de febreiro de 1891 e finado en Santa Barbara, California o 19 de maio de 1958 foi un actor inglés.

Traxectoria Tras descubrir o mundo da interpretación na escola debutou no teatro profesional en 1914. Enrolouse no exército británico e participou na primeira guerra mundial, durante a que foi ferido gravemente no nocello. Recuperado, aínda que cunha certa coxeira, volveu ao teatro.

Debutou no cinema británico en 1917. Durante unha xira polos Estados Unidos o director Henry King descubriuno e contratouno para o seu filme The White Sister, con Lillian Gish, que lle deu unha gran popularidade.

Os seus maiores éxitos chegaron co cinema sonoro, axudado polo seu acento inglés. En 1948 gañou o Oscar ao mellor actor por Dobre vida. No momento da súa morte fora contratado pola Metro-Goldwyn-Mayer como protagonista de Village of the Damned. Finalmente o filme pasou a ser unha produción británica, protagonizada por George Sanders, que casara coa viúva de Colman.

Filmografía Ano Filme 1929 Bulldog Drummond 1930 Condemned 1935 A Tale of Two Cities 1937Lost Horizon1937The Prisoner of Zenda1942Random Harvest1942The Talk of the Town1947Dobre vida

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ronald Colman en Virtual History Ronald Colman

Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Richmond upon Thames Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Óscar ó mellor actor