Gloria May Josephine Swanson, nada en Chicago, Illinois o 27 de marzo de 1899 e finada en Nova York o 4 de abril de 1983 foi unha actriz, cantante e produtora estadounidense.
Traxectoria Filla dun soldado, de pequena viviu en varios lugares, coma Porto Rico e Florida. Nunha visita aos Essanay Studios suxeríronlle que volvese para traballar como extra. En 1916, tras o divorcio dos seus pais marchou coa súa nai a California.
En 1919 asinou un contrato coa Paramount Pictures, traballando decotío con Cecil B. DeMille, que a levou a interpretar protagonistas. En 1927 decidiu rexeitar un contrato dun millón de dólares coa Paramount para unirse á United Artists, na que tamén sería produtora.
Aínda que seguiu traballando no cinema sonoro, cando a súa carreira comezou a declinar marchou a Nova York, desde onde axudou a rescatar científicos e inventores xudeus durante a segunda guerra mundial.
En 1950 foi rescatada por Billy Wilder para o papel de Norma Desmond no seu filme Sunset Boulevard, tras as negativas de Mae West, Mary Pickford e Pola Negri. Tras este éxito seguiu traballando no teatro e na televisión.
Filmografía Ano Filme 1918 Society for Sale 1918 Her Decision 1918 Station Content 1918 You Can't Believe Everything 1918 Everywoman's Husband 1918 Shifting Sands 1918 The Secret Code 1918 Wife or Country 1919 Don't Change Your Husband 1919 For Better, for Worse 1919 Male and Female 1920 Why Change Your Wife? 1920 Something to Think About 1921 The Great Moment 1921 The Affairs of Anatol 1921 Under the Lash 1921 Don't Tell Everything 1922 Her Husband's Trademark 1922 Her Gilded Cage 1922 Beyond the Rocks 1922 The Impossible Mrs. Bellew 1922 My American Wife 1923 Prodigal Daughters 1923 Bluebeard's 8th Wife 1923 Zaza 1924 The Humming Bird 1924 A Society Scandal 1924 Manhandled 1924 Her Love Story 1924 Wages of Virtue 1925 Madame Sans-Gêne 1925 The Coast of Folly 1925 Stage Struck 1926 The Untamed Lady 1926 Fine Manners 1927 The Love of Sunya 1928 Sadie Thompson 1929 Queen Kelly 1929 The Trespasser 1930 What a Widow! 1931 Indiscreet 1931 Tonight or Never 1933 Perfect Understanding 1941 Father Takes a Wife 1950 Sunset Boulevard 1952 Three for Bedroom "C" 1956 Nero's Mistress 1974 Airport 1975
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Glorious Gloria Swanson Fotografías e bibliografía Entrevista a Gloria Swanson (1970)
Categoría:Actores de Illinois Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa