Joaquín Nogueira Alonso, finado en Vigo o 25 de marzo de 1920Noticia en El Orzán, 26-3-1920, p. 1., foi un xornalista e político galego.

Traxectoria Funcionario de Sanidade Marítima. Foi redactor de La Propaganda. Militou no Partido Republicano, foi un dos elementos máis significados do federalismo vigués e participou como orador en numerosos actos políticos. Foi secretario da Unión de Fabricantes de Conservas de Vigo, e presidente do Liceo Recreo e de La Cooperativa. Finou en Vigo como consecuencia do atropelo dun tranvíaNecrolóxica en Vida Gallega, 10-5-1920, p. 20..

Recoñecementos Unha rúa en Vigo leva o seu nome.

Notas

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Finados en 1920