O raponcio ou rapuncioNome vulgar galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991 e Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991 (Campanula rapunculus) é unha planta da familia das campanuláceas. Nativa de Europa, aparece brava en Galiza. miniatura|240px|Flor. miniatura|240px|Ilustración

Descrición Herba bienal, coa raíz napiforme. Talos erectos, simples, glabros ou lixeiramente hirsutos, de até 100 cm de altura. Follas basais obovadas, pecioladas, as superiores linear-lanceoladas. Flores agrupadas nunha inflorescencia racemosa; dentes do cáliz erectos, setiformes; corola en forma de campá ou en forma de funil, de cor azul clara, algo máis longa que os dentes do cáliz; ovario situado en posición inferior respecto do resto das piezas florais. Froito en cápsula en forma de cono invertido, que se abre por pequenos buratos. Florece na primavera e no verán.

Hábitat Prados, bosques, en carballeiras de cerquiño e piñeirais. Medra en forestas, pasteiros, ribadas, noiros, rochedos etc. desde o nivel do mar ata os 2.100 m.

Requirimentos ecolóxicos Medra no piso colino a plena luz aínda que soporta a sombra; prefire calor. Non require de humidade edáfica, polo que é unha indicadora de sequidade moderada. Crece en pH de 5.5 a 8, polo que é indicadora de alcalinidade. Non necesita nitróxeno no solo.

Distribución Gran parte de Europa, agás Islandia, Irlanda e Noruega. Introducido en Dinamarca, Suecia e Gran Bretaña.

Usos O raponcio usouse como cicatrizante de feridas e como adstrinxente. A súa raíz é comestíbel e emprégase coma aperitivo na preparación de ensaladas.

As follas desta planta son un dos ingredientes do preboggion, mestura de herbas típica da cociña de Liguria.

Taxonomía Campanula rapunculus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 164. 1753. en Trópicos Etimoloxía Campanula: nome xenérico que deriva do latín onde "campanula" significa "campaíña" (campá pequena).

rapunculus: epíteto Sinonimia Campanula lusitanica f. bracteosa (Willk.) Cout. Campanula lusitanica f. racemoso-paniculata (Willk.) Cout. Campanula lusitanica f. verruculosa (Hoffmanns. & Link) Cout. Campanula lusitanica var. cymoso-spicata (Willk.) Cout. Campanula lusitanica auct. Campanula esculenta Salisb. Campanula patula var. rapunculus (L.) Kuntze Neocodon rapunculus (L.) Kolak. & Serdyuk. subsp. lambertiana (A.DC.) Rech.f. Campanula hyrcania Wettst. Campanula lambertiana A.DC. Neocodon lambertianus (A.DC.) Kolak. & Serdyuk. subsp. rapunculus Campanula calycina Boeber ex Schult. Campanula castellana Pau Campanula coarctata Gilib. Campanula decurrens Thore Campanula elatior Link & Hoffmanns. Campanula fastigiata S.G.Gmel. Campanula glandulosa Banks ex A.DC. Campanula rapuncula St.-Lag. Campanula verruculosa Hoffmanns. & Link Campanula virgata A.DC. Rapunculus verus'' Fourr.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lammers, T. G. 1994. Prodromus Monographiae Campanuloidearum.

Categoría:Campanula Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flores