Francisco Eiroa Graña, nado en Cangas de Morrazo en 1892 e finado na mesma vila en 1940, foi político galego.
Traxectoria Carpinteiro, correspondente de Faro de Vigo en Cangas, foi administrador dos Transportes Automóbiles. Tivo carnizaría e tenda de comestíbeis. Foi fundador e presidente do Recreo Marítimo (1912), presidente do pósito de Darbo e presidente da Federación de Pósitos de Galicia (1925-1926) e non aceptou a reelección en 1926. Foi presidente da Federación Agrícola do Morrazo en 1928 e secretario do III Congreso Provincial Agrario de Pontevedra que tivo lugar o 20 de outubro de 1929.
Presentouse ás eleccións de 1917 na lista que encabezaba o médico José Piñeiro. Volveu presentarse ás eleccións municipais de 1922. Foi concelleiro na ditadura de Primo de Rivera (de 1924 a 1925). O 14 de abril de 1931 proclamou a República en Cangas e o 18 de abril foi elixido alcalde. Permaneceu no cargo ata o triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes