Vladimir Georgievich Sorokin (en ), nado o 7 de agosto de 1955 en Bykovo (óblast de Moscova) é un escritor e dramaturgo ruso posmoderno, un dos máis populares da literatura rusa contemporánea.nybooks.com Sorokin vive entre Moscova e Berlín.

As súas obras seguen distintos xéneros, desde o suspense ata a distopía pasando polos guións para o cinema, pero sempre xeran debate nos medios rusos, sobre todo co Apparatchik ruso sobre todo ao tratar temas como o totalitarismo e tabús sociais (droga, canibalismo, homosexualidade, coprofaxia), tendo sido criticado polo réxime de Putin.Let the Past Collapse on Time! 8 de maio de 2014 New York Review of Books Algúns dos seus libros foron destruídos por membros do movemento Nashi ("Os nosos"), favorable a Putin.

Traxectoria Sorokin naceu o 7 de agosto de 1955 en Bykovo, no Óblast de Moscova, preto da capital. En 1972 publicou o seu primeiro relato no xornal Za Kadry Neftyanikov. Estudou no Instituto Gubkin de Petróleo e Gas de Moscova mentres participaba en exposicións e ilustrando libros, graduándose como enxeñeiro en 1977.

Tras graduarse traballou durante un ano na revista Смена ("Cambio") pero tivo que deixar o emprego ao non querer entrar no Konsomol (organización xuvenil do PCUS). Nos anos 80 introduciuse no escenario underground da capital, fuxindo da ortodoxia soviética e en 1985 conseguiu publicar seis relatos na revista A-ja, unha revista de arte rusa contemporánea non oficial feita en Moscova pero publicada en París, conseguindo chamar a atención dos editores franceses de Syntaxe, que lle publicaron a novela Ochered''' ("A Cola")."The Wait: On Vladimir Sorokin", The Nation, Elaine Blair, 25 de marzo de 2009.

Non sería ata 1989 cando as autoridades soviéticas deron o permiso para publicar as súas obras, aparecendo en revistas e antoloxías de literatura rusa contemporánea: Tretya Modernizatsiya ("A terceira modernización"), Mitin Zhurnal ("Xornal de Mitia"), Konets Veka ("Fin de século") e Vestnik Novoy Literatury (Boletín da Nova Literatura). En 1992, a editorial rusa Russlit publicou Sbornik Rasskazov ("Historias recompiladas"), primeiro libro de Sorokin en ser nomeado a un Premio Booker ruso.wordswithoutborders.org No ano 2001 recibiu o Premio Andrei Bely polas súas contribucións á literatura rusa e en 2013 foi nomeado ao premio Booker Internacional.

En 2002, houbo unha protesta en contra da súa obra Goluboe Salo, e foi investigado por pornografía pola Fiscalía tras unha denuncia do grupo xuvenil ultraconservador Nashi, debido a unha escena na que aparecían Stalin e Nikita Khrushchev en plan sadomasoquista.

Obras Novelas Ochered ("A Cola") (1983). París: Syntaxe, 1985. Norma ("Norma") (1979-1983). Moscova: Tri Kita en cooperación con Obscurio Viri, 1994. Romano ("Novela") (1985-1989). Moscova: Tri Kita en cooperación con Obscurio Viri, 1994. Tridtsataia liubov' Mariny ("XXX Amor de Marina") (1982-1984). Moscova: Izdanie R. Elinina, 1995. Chetyryokh Serdtsa ("Catro corazóns valentes") (1991). Moscova: Literary Miscelánea Konets Veka, 1994. Pervy Subbotnik ("O Primeiro sábado do Día do traballo") (1979-1984). En "Obras Completas" (dous volumes). Moscova: Ad Marginem, 1998. Goluboe Salo ("Touciño azul") (1999). Moscova: Ad Marginem, 1999. Pir ( "A Festa") (2000). Moscova: Ad Marginem, 2000. Lyod ("Xeo") (2002). Moscova: Ad Marginem, 2002. Bro (2004). Moscova: Zakharov Books, 2004. 23.000 (2005) Xunto aos anteriores (Lyod e Bro) forma parte dunha triloxía. Moscova: Zakharov Books, 2005. Oprichnika Den ("O Día do Oprichnik") (2006). Moscova: Zakharov Books, 2006. Zaplyv ("Nadando dentro"). Moscova: AST, 2008. Saharniy Kreml ("Kremlin feito de Azucre"). Moscova: AST, 2008. Telluriya ("Telluria"). Moscova: AST, 2013.

Obras de teatro Pelmeni (1984-1987) Zemlyanka ("A Cabana") (1985) Russkaya babushka ("Avoa rusa") (1988) Doverie ("Confidencia") (1989) Dismorphomania (1990) Yubiley ("Aniversario") (1993) Hochzeitreise ("A viaxe postnupcial") (1994-1995) Shchi ("Sopa de col") (1995-1996) Dostoievski-Trip ("A viaxe Dostoievsky") (1997) S Novym Godom ("Feliz Aninovo") (1998)

Guións de filmes Bezumny Fritz ("Fritz tolo") (1994). Directores: Tatiana Didenko e Alexander Shamaysky. Moskva ("Moscova") (2001). Director: Alexander Zeldovich. Primeiro Premio no festival en Bonn e Premio da Federación de Rusia de Cine-Clubs á mellor película rusa do ano. Cashfire (2002). Director: Alexander Schurikhin. Kopeyka ("Kopek") (2002). Director: Ivan Dykhovichny. Candidato ao Premio Zolotoy Horno ó mellor guión de cinema. Veshch ("Cousa") (2002). Director: Ivan Dykhovichny. 4 (2004). Director: Ilya Khrzhanovsky. Gran Premio do Xurado do Festival Internacional de Cine de Rótterdan. Mishen ("Destino") (2011). Director: Alexander Zeldovich.

Outros traballos Álbum fotográfico V glub' rossii ("Nas profundidades de Rusia"), en colaboración co pintor Oleg Kulik. Libreto da ópera Deti Rozentalya'' ("Os nenos de Rosenthal"), con música de Leonid Desyatnikov; escrita por encargo do Teatro Bolshoi que irritou a moitos debido á experimentación deste autor (na ópera os grandes compositores clásicos son clonados pola URSS pero coa crise o proxecto é abandonado e os músicos pasan a vivir na rúa tocando no metro e visitando prostitutas). Decenas de artigos publicados nos xornais rusos e estranxeiros.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados no óblast de Moscova Categoría:Nados en 1955