miniatura|275px|Anatomía do cabalo de mar. Os cabalos de mar, cabaliños de mar ou hipocampos (xénero Hippocampus), constitúen un grupo de peixes mariños pertencentes á familia Syngnathidae, que tamén inclúe ós peixes pipa. miniatura|Hippocampus abdominalis. O seu nome débese ó peculiar parecido que presenta a súa cabeza coa dos cabalos. De feito, a característica de ter a cabeza en ángulo recto co resto do corpo non se dá en ningún outro xénero de peixes. miniatura|Hippocampus barbouri.
Morfoloxía O corpo dos cabalos de mar está cuberto por unha armadura de placas ou aneis de constitución ósea. A súa forma de nadar é moi diferente á dos demais peixes. Adoptan unha posición erecta, impulsándose coa súa aleta dorsal. O desprazamento vertical conségueo axustando o volume de aire das vexigas natatorias e mediante as aletas pectorais. As aletas son moi tenues e teñen forma de abano. A dorsal impulsa os desprazamentos horizontais, e axítaa unhas tres veces e media por segundo. Non teñen aleta anal, no seu lugar teñen unha cola prénsil, que se enrola en espiral e lles permite aferrarse a corais e plantas subacuáticas. miniatura|Hippocampus bargibanti. Son miméticos, e, segundo a especie, capaces de desenvolver longos filamentos de pel, ou cambiar a súa cor, para confundirse entre as macroalgas do seu contorno.Kuiter,R.H. Cabalos de Mar, Peixes Pipa e Especies Emparentadas. Grupo Editorial M&G Difusión S.L. (2001) Esta estratexia de camuflaxe é vital para a súa supervivencia, xa que, ó seren moi lentos de movementos, non poden fuxir eficazmente dos seus predadores. Os cabalos de mar atópanse en estómagos de grandes peixes peláxicos, tales como o atún, a castañeta vermella, o peixe dourado, ou de cangrexos e aves de mar. miniatura|Hippocampus erectus. Respiran mediante branquias e o seu corpo sopórtase grazas a unha columna vertebral.Garrick-Maidment,Neil. (Edición revisada 2003) Seahorses.Conservation and care. Kingdom Books. Para comunicarse cos seus conxéneres, provocan unha especie de triscazo con rápidos movementos da súa cabeza, facendo rozar unha parte do cranio cunha parte do seu esqueleto externo superior. Este son tamén é perceptible en catividade, cada vez que aspiran unha presa co seu tubo bucal. miniatura|Hippocampus kuda. O olfacto percíbeo mediante unhas fosas olfactivas situadas diante dos ollos, que filtran a auga, que é analizada con precisión por células especializadas. O seu oído está composto por uns pequenos ósos, chamados otólitos, que son utilizados para recibir vibracións externas. miniatura|Hippocampus pontohi. Nesta especie animal é o macho quen se ocupa do desenvolvemento dos ovos. A femia usa o seu ovopositor para inserir os ovos maduros dentro da bolsa incubadora do macho, onde son fertilizados. Esta bolsa denominada marsupium, que permite diferenciar externamente os sexos, transfórmase facilitando nutrientes ós embrións, os cales nunhas tres semanas estarán preparados para afrontar por si mesmos a aventura da súa vida. miniatura|Hippocampus whitei.
Tamaño
O tamaño dos adultos varía de acordo á especie, desde o máis pequeno Hippocampus satomiae, que foi descuberto en Australia mide 14 mm de lonxitude,Lourie, Sara A. y Kuiter, Rudie H. (2008) Three new pygmy seahorse species from Indonesia (Teleostei: Syngnathidae: Hippocampus) Zootaxa 1963:54-68. Magnolia Press ata o Hippocampus ingens que supera os 29 cm de lonxitude.
Especies O Rexistro Mundial de Especies Mariñas (WoRMS en inglés), acepta 54 especies no xénero,Bailly, N. (2013). Hippocampus Rafinesque, 1810. In: Froese, R. and D. Pauly. Editors. (2013) FishBase. Accessed through: World Register of Marine Species at http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=126224. Consultado o 1 de novembro de 2013. estando catalogadas a maioría pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza:IUCN 2013. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2013.1. <www.iucnredlist.org>. Consultado o 1 de novembro de 2013
Hippocampus abdominalis. Estado: Datos insuficientes Hippocampus alatus. Estado: Datos insuficientes Hippocampus algiricus. Estado: Vulnerable A2cd+4 cd Hippocampus angustus. Estado: Datos insuficientes Hippocampus barbouri. Estado: Vulnerable A2cd+4 cd Hippocampus bargibanti. Estado: Datos insuficientes Hippocampus biocellatus. Estado: Non avaliado Hippocampus borboniensis. Estado: Datos insuficientes Hippocampus breviceps. Estado: Datso insuficientes Hippocampus camelopardalis. Estado: Datos insuficientes Hippocampus capensis. Estado: En perigo B1abc+2abc Hippocampus colemani. Estado: Non avaliado Hippocampus comes. Estado: Vulnerable A2cd Hippocampus coronatus. Estado: Datos insuficientes Hippocampus curvicuspis. Estado: Non avaliado Hippocampus debeliusHippocampus debelius Gomon & Kuiter, 2009. Estado: Non avaliado Hippocampus denise. Estado: Datos insuficientes Hippocampus erectus. Estado: Vulnerable A4cd Hippocampus fisheri. Estado: Datos insuficientes Hippocampus fuscus. Estado: Datos insuficientes Hippocampus grandiceps. Estado: Non avaliado Hippocampus guttulatus. Estado: Datos insuficientes Hippocampus hendriki. Estado: Datos insuficientes Hippocampus hippocampus. Estado: Datos insuficientes Hippocampus histrix. Estado: Vulnerable A2cd+4 cd Hippocampus ingens. Estado: Vulnerable A2cd+4 cd Hippocampus jayakari. Estado: Datos insuficientes
Hippocampus jugumus. Estado: Non avaliado Hippocampus kelloggi. Estado: Vulnerable A2d+4d Hippocampus kuda. Estado: Vulnerable A4cd Hippocampus lichtensteinii. Estado: Datos insuficientes Hippocampus minotaur. Estado: Datos insuficientes Hippocampus mohnikei. Estado: Datos insuficientes Hippocampus montebelloensis. Estado: Non avaliado Hippocampus multispinus. Estado: Non avaliado Hippocampus paradoxus. Estado: Non avaliado Hippocampus patagonicus. Estado: Non avaliado Hippocampus pontohi. Estado: Datos insuficientes Hippocampus procerus. Estado: Non avaliado Hippocampus pusillus. Estado: Non avaliado Hippocampus queenslandicus. Estado: Non avaliado Hippocampus reidi. Estado: Datos insuficientes Hippocampus satomiae. Estado: Datos insuficientes Hippocampus semispinosus. Estado: Non avaliado Hippocampus severnsi. Estado: Datos insuficientes Hippocampus sindonis. Estado: Preocupación menor Hippocampus spinosissimus. Estado: Vulnerable A2d+4d Hippocampus subelongatus. Estado: Datos insuficientes Hippocampus trimaculatus. Estado: Vulnerable A4cd Hippocampus tyro. Estado: Non evaluado Hippocampus waleananus. Estado: Non avaliado Hippocampus whitei. Estado: Datos insuficientes Hippocampus zebra. Estado: Datos insuficientes Hippocampus zosterae. Estado: Datos insuficientes
Hábitat e distribución Normalmente encóntrase en augas tropicais pouco profundas, e de temperaturas quentes, aínda que o seu rango de profundidade oscila entre 0 e 2.543 m, e o rango de temperatura pode estar entre 3.04 e 28.40 °C. Viven entre os corais, macroalgas fanerógamas mariñas e mangleiros. Hai especies de cabaliños de mar que se caracterizan por ser territoriais, as femias adoitan ter aproximadamente 100 m² de espazo territorial, mentres que os machos non adoitan superar o metro cadrado.
O cabaliño de mar, ou hipocampo, distribúese en augas tropicais e temperadas, tanto en ambas as dúas costas do océano Atlántico, incluíndo o mar Mediterráneo; como no Indo-Pacífico, dende a costa leste africana ata o Pacífico central, incluído o mar Vermello.http://iobis.org/mapper/?taxon=Hippocampus
Alimentación Os cabalos de mar son depredadores de pequenos invertebrados. Posúen un sistema visual con ollos que teñen mobilidade independente entre si, axúdanlles a recoñecer as súas presas, pequenos crustáceos que forman parte do zooplancto. Cando a presa se pon ao seu alcance é aspirada a través do seu fociño óseo por medio dun rápido movemento da súa cabeza. Tragan enteiras as súas presas ao non dispoñer de dentes, e vense obrigados a consumir gran cantidade de comida, xa que practicamente carecen de estómago.
Reprodución Aparéanse estacionalmente, cando se incrementa a temperatura da auga. Despois dun baile cerimonial, a parella de cabaliños entrelaza as súas colas, e, tras unha serie de "bambeos" mesturados con períodos de pausa, que poden ser de 15 a 20 minutos, o macho deixa caer o seu líquido seminal ao exterior, e a fertilización dos ovos prodúcese segundo os ovos van entrando no saco do macho. As femias transplantan os seus ovos con axuda dunha papila xenital, apéndice cloacal ou ovopositor, duns tres milímetros de longo, na bolsa ventral dos machos, onde poden desenvolverse ben protexidos. Tanto a entrada dos ovos no saco, coma a súa fertilización, acontecen nun proceso extraordinariamente rápido (apenas 6 segundos). Esta estratexia é un xeito máis de asegurar que os ovos proceden exclusivamente dunha soa femia, co que se asegura a monogamia xenética para ese lote de ovos.
O osixeno difúndese a través dos capilares do tecido que reviste os ovos. As hormonas axudan a crear un fluído placental, que baña unha pequena parte do ovo que sobresae dos tecidos da bolsa. O medio creado polo fluído na bolsa altérase durante o proceso de procreación, pasando de ser parecido aos fluídos corporais, a parecerse á auga do mar circundante, presumiblemente para reducir o estrés das crías no momento do alumeamento.
O período de xestación dura entre 10 días e 6 semanas, dependendo das especies e da temperatura da auga do mar. Pasado este prazo, o macho deixa saír as crías do interior da súa bolsa durante varias horas, contraendo o seu corpo para facer presión e liberalas. O nacemento das crías parece ser esgotador para o pai. Agarrándose firmemente coa cola sobre un soporte, frega a súa bolsa contra unha cuncha ou rocha ata que saen as crías, con fraccións dos tecidos internos do pai. As crías son réplicas en miniatura dos seus pais, duns sete a once milímetros de longo. Os primeiros días entrarán e sairán da bolsa segundo haxa perigo ou non no exterior.http://marenostrum.org/caballitos/primera.html Chega a ter entre 200 e 300 crías dependendo do número de apareamientos.
As femias parecen madurar ao mesmo tempo que os machos, sendo visible o seu ovopositor.
A reprodución pode estar influenciada pola luz, a temperatura e as turbulencias da auga do mar da zona.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Tajes Rama, M.ª Luisa et al.; Xeomorfoloxía do litoral galego e formacións costeiras. Ir Indo. Vigo, 2007. ISBN 978-84-7680-611-1.
Ligazóns externas Proyecto Hippocampus - España http://hippocampus-info.com/caballos-marinos/ . Guía de identificación de Caballitos de mar .
Categoría:Acantopterixios