Abres é un lugar da parroquia de Anxeriz no concello coruñés de Tordoia, da comarca de Ordes. Segundo o IGE, en 2022 tiña 34 habitantes (19 homes e 15 mulleres), o que supón unha forte diminución con respecto ao ano 2013, cando tiña 61 habitantes.

Etimoloxía Crese que a orixe deste topónimo é prerromana. Para Edelmiro Bascuas, contén a raíz hidronímica europea *Ab-, co significado de auga ou río.

O máis probable que este topónimo se corresponda co que aparece como complemento onomástico no nome de Fernando ou Fernán Díaz de Abres, que se menciona en documentos de 1563 do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago e do Arquivo da Catedral de Santiago, onde ademais se encontra citada nun documento de 1592 "la aldea de Abres" na parroquia de Santa Marina d'Anxeriz.

Outros topónimos semellantes ou coa mesma raíz son A Ría de Abres (Trabada) e Santiso de Abres (Asturias).

Lugares e parroquias Lugares de Anxeriz

Parroquias de Tordoia

Notas

Categoría:Lugares de Tordoia Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía