San Martiño de Lesende é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 279 habitantes (145 homes e 134 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.
Xeografía Limita ao norte con Toxosoutos, ao noroeste con Noia, ao sur con Lousame e ao leste con Vilacova. Está situada no curso medio do río Vilacova, na súa maior parte na ribeira dereita. O punto de maior altitude é o monte Colou (508 m), desde onde se divisa a ría de Muros e Noia.
Por esta parroquia pasa o río Vilacova.Ten un solo maioritariamente forestal. O punto de maior altitude e o monte Colou con 508 metros sobre o nivel do mar.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Lesende
Parroquias de Lousame
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lousame
Categoría:Parroquias de Lousame Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño