Luis Martínez Montero, coñecido como "Manín", nado na Coruña o 6 de xuño de 1934, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa e centrocampista, e militou case toda a súa carreira no Deportivo da Coruña, co que logrou dous ascensos á Primeira División.
Traxectoria Tras iniciarse no Victoria, fichou en 1953 polo Deportivo da Coruña. Nas súas dúas primeiras tempadas no club, foi cedido ao Xuvenil, logrando na primeira delas o ascenso á Segunda División, e debutando na categoría de prata na seguinte (1954/55). Esa mesma tempada disputou o seu primeiro partido oficial co Deportivo, nun enfrontamento de Copa contra o FC Barcelona de Luis Suárez.
Na tempada 1955–56 debutou co Deportivo en Primeira División. Nesta campaña participou en 6 partidos, nun ano no que o equipo coruñés tivo 3 adestradores: Rodrigo García Vizoso, Pahiño e Ángel Zubieta. En 1956 fichou polo Burgos xunto a outros tres coruñeses: Losada, Regueira e Lexo. Despois dunha tempada no club burgalés, regresou ao Deportivo, onde acabou por facerse coa titularidade, principalmente a partir da tempada 1958/59. Formou parte do equipo branquiazul até a campaña 1963–64, logrando novamente o ascenso a Primeira División. Aínda que xogaba como defensa ou centrocampista conseguiu boas cifras anotadoras, con 30 goles oficiais no seu paso polo Deportivo.
Antes de retirarse xogou a tempada 1964/65 no Compostela.
Palmarés Deportivo da Coruña
Segunda división (2): 1961/62, 1963/64.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Xogadores do Victoria CF Categoría:Xogadores do Deportivo Xuvenil Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores da SD Compostela