Ocho apellidos vascos é un filme español dirixido por Emilio Martínez-Lázaro, con guión de Borja Cobeaga e Diego San José, protagonizada por Clara Lago, Dani Rovira, Carmen Machi e Karra Elejalde. Estreouse en España o 14 de marzo de 2014.

Sinopse

Rafa (Dani Rovira), un sevillano que nunca saíu de Andalucía, decide abandonar a súa terra natal para seguir a Amaia (Clara Lago), unha moza vasca que a diferenza doutras mulleres que coñeceu se resiste ás súas técnicas de sedución. Para conseguilo, e en contra dos consellos dos seus amigos, decide viaxar á vila da súa pretendida, no corazón abertzale do País Vasco. Unha serie de malentendidos levarán ao mozo sevillano a ter que facerse pasar por un auténtico vasco con oito apelidos, e ir enredándose cada vez máis no personaxe que creou para lograr os seus propósitos.

Personaxes Clara Lago como Amaia Dani Rovira como Rafa Carmen Machi como Merche Karra Elejalde como Koldo Alberto López como Joaquín Lander Otaola como Borroka Aitor Mazo como Padre Naxio Abel Mora como Pedro Alfonso Sánchez como Curro Aitziber Garmendia como Iratxe Miriam Cabeza como Edurne Los del Río como eles mesmos

Recepción Na súa primeira fin de semana a produción reuniu 404.020 espectadores xerando 2,72 millóns de euros de recadación. Eses datos sitúana entre as mellores quince estreas da historia do cine español. Na súa segunda fin de semana a produción aumenta a recadación case un 56% respecto á fin de semana anterior só superado por dúas superproducións: O Imposible e Avatar con 4,4 millóns en só 10 días.http://cultura.elpais.com/cultura/2014/03/24/actualidad/1395663646_520785.html ‘Ocho apellidos vascos’ duplica su taquilla en su segundo fin de semana

Premios e candidaturas XXIX edición dos Premios Goya Categoría Candidato ResultadoMellor actriz secundariaCarmen MachiGañadoraMellor actor secundarioKarra ElejaldeGañadorMellor actor revelaciónDani RoviraGañadorMellor canción orixinalNo te marches jamásFernando VelázquezNomeadaMellor fotografíaKalo BerridiNomeado

Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Categoría Candidato ResultadoMellor Actor RevelaciónDani RoviraGañadorMellor Actor de ElencoKarra ElejaldeGañador

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Emilio Martínez-Lázaro Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes ambientados no País Vasco