Travis Fimmel, nado o 15 de xullo de 1979 en Echuca, Victoria (Australia) é un actor e modelo australiano. Coñecido por se-la imaxe de roupa interior de Calvin Klein e protagonizar a serie de televisión Vikings.
Traxectoria Criouse nunha granxa produtora de leite en Lockington, preto de Echuca, no estado de Victoria, en Australia entre Melbourne e Sydney. Mudouse a Melbourne sendo adolescente para xogar profesionalmente ao Fútbol australiano, porén ao comezo da tempada rompeu a perna nun accidente.
Comezou os estudos de Arquitectura comercial e enxeñaría na Universidade de Melbourne pero deixou os estudos para viaxar ao estranxeiro.
Coma modelo Comezou a traballar coma modelo cando foi descuberto nun ximnasio dos suburbios de Melbourne por Matthew Anderson, da axencia Chadwick Models. No ano 2002 asinou coa axencia L.A. Models para despois converterse no primeiro modelo do mundo en concertar un acordo de seis cifras de exclusividade con Calvin Klein. Ese mesmo ano foi nomeado como un dos solteiros máis sexies do mundo pola revista People.
Filmografía Cinema Ano Título Personaxe Notas 2008 Surfer, Dude Johnny Doran Restraint Ron 2010 Pure Country 2: The Gift Dale Jordan Needle Marcus Rutherford Ivory Jake The Experiment Helweg 2011 Supremacy Garrett Tully Curtametraxe 2012 The Baytown Outlaws McQueen Oodie Harodim Lazarus Fell 2015 Maggie's Plan Guy Childers 2016 Warcraft Anduin Lothar 2017 Lean on Pete Ray Thompson 2019 Finding Steve McQueen Harry Barber Danger Close: The Battle of Long TanMajor Harry Smith Dreamland George Evans 2020 Here Are the Young Men TV Presenter 2021 Die in a Gunfight Wayne McCarthy Zone 414 Marlon Veidt
Televisión Ano Título Personaxe Notas 2003 Tarzan John Clayton/Tarzan 8 episodios 2005 Rocky Point Taj Walters Episodio: "Pilot" 2006 Southern Comfort Bobby Telefilme 2009 The Beast Ellis Dove/Carlson 13 episodios 2010 Chase Mason Boyle 2 episodios 2012 Outlaw Country Feron TelefilmeBlackBoxTV Ted Episodio: "AZEP: The Reawakening" 2013−2017 Vikings Rei Ragnar Lothbrok Protagonista (tempadas 1–4); 45 episodios 2020–presente Raised by Wolves Caleb/Marcus Protagonista
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Victoria, Australia Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Xogadores de fútbol australiano Categoría:Modelos masculinos de Australia