San Xusto de Toxosoutos é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 162 habitantes (79 homes e 83 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Xeografía Está situada ao norte do concello. Limita ao norte con Brión, ao sur con Lesende e Vilacova, ao oeste con Noia e ao leste con Rois. As zonas máis baixas da parroquia están a uns 200 m, e os cumios máis altos son o monte Costoira e Pena de Ferro (532 m). A parroquia sitúase no val do río San Xusto, que nace a 430 m de altitude, máis arriba de Fontefría, preto de Sabugueiro e Bargo.

Destaca o monte baixo e o cultivo de prados, favorecido pola importancia da gandería. Está atravesada pola estrada AC-543 que une Noia e Santiago de Compostela.

Patrimonio Nesta parroquia atópanse os restos do mosteiro de Toxosoutos, de grande importancia na idade media. A carón del, está a igrexa parroquial.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Toxosoutos

Parroquias de Lousame

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lousame

Categoría:Parroquias de Lousame Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xusto