O topónimo Prusia pode referise a: Prusia, rexión histórica do leste de Europa, colonizada e xermanizada polos cabaleiros da Orde Teutónica entre os séculos XI e XII. Ducado de Prusia, ducado formado na parte oriental de dita rexión en 1525. O ducado persistiu até que, despois de 1618, a liña sucesoria dos duques se extinguira. Reino de Prusia, reino que existiu desde 1701 a 1918 e, a partir de 1871, un Estado membro do Imperio alemán. O seu territorio formou parte, desde 1918, de varias provincias da República de Weimar e despois, do III Reich. Estado Libre de Prusia, estado alemán formado despois da abolición do reino de Prusia como consecuencia da derrota do Imperio alemán na primeira guerra mundial. Provincia de Prusia, provincia do Reino de Prusia formada pola unión das provincias da Prusia Occidental e a Prusia Oriental desde 1829 a 1878. Prusia Occidental, parte da rexión histórica da Prusia. Prusia Oriental, parte da rexión histórica da Prusia.

Véxase tamén Azul de Prusia