O Estado Libre de Prusia (en alemán: Freistaat Preußen) foi un estado alemán formado despois da abolición do reino de Prusia como consecuencia da derrota do imperio alemán na primeira guerra mundial. Para formar o seu nome preferiuse a utilización do nome patrimonial alemán Freistaat ("Estado Libre"), que equivale aproximadamente a Republik ("República"), porque este último recordaba á cultura latina, que era asociada con Francia pola maioría dos alemáns (e a súa maior inimiga naquela época).

Foi o maior Land do Estado alemán durante a República de Weimar, xa que comprendía case cinco oitavos do seu territorio (o 62,5 %) e gran parte da súa poboación (o 61,3 %).Beckmanns Welt-Lexikon und Welt-Atlas. Verlagsanstalt Otto Beckmann, 1931, Leipzig / Viena Dado que tiña tanto territorio e poboación, o novo goberno pensou, nun principio, dividir Prusia en varios Länder (estados) máis pequenos e manexábeis, pero o sentimento tradicionalista dos prusianos prevaleceu e Prusia seguiu inalterada (quitando as perdas territoriais).

O democrático Estado Libre de Prusia colapsou cando sucedeu o chamado Preußenschlag (golpe de estado de Prusia) de 1932–1933 e o ministro-presidente Otto Braun foi forzado a renunciar ao seu cargo. O seu goberno acudiu aos tribunais por esta destitución irregular, pero tras as eleccións de 1933 o réxime nazi tomou o control do goberno prusiano.

Desde 1933, o Estado Libre foi privado da democracia parlamentaria e gobernado exclusivamente baixo o liderado do Partido Nacional-Socialista Obreiro Alemán (partido nazi). Inicialmente, Prusia foi administrada polo alto cargo nazi Hermann Göring, que foi nomeado ministro-presidente de Prusia. En 1935, o territorio do Estado Libre foi desmantelado en Reichsgaue,O Reichsgau (plural Reichgaue) era unha división territorial e administrativa do Reich alemán na época do terceiro Reich. Equivalente máis ou menos a unha provincia, o termo xa fora utilizado na época de Carlomagno). A algunhas delas se lles incorporou territorios prusianos e non prusianos, acabando así con eficacia con Prusia como unha soa unidade territorial de Alemaña. Aínda que o Estado Libre de Prusia continuou existindo nominalmente baixo o mandato de Hermann Göring, en 1935 o goberno prusiano foi realmente absorbido polo goberno do Reich alemán, e a posición de Göring como ministro-presidente foi relegada a un papel simbólico en comparación cos labores máis prominentes que desempeñaba no goberno do Terceiro Reich.

Despois do final da segunda guerra mundial Otto Braun achegouse a mandos militares estadounidenses para solicitar o restablecemento do goberno prusiano legal. Pero estes, e as demais forzas aliadas, que ocuparan toda Alemaña, opuxéronse á idea e declararon suprimida a Prusia en 1947.

Historia de Prusia desde de 1918 até a extinción do estado prusiano

Perdas territoriais tras a I guerra mundial

Excepto polas súas colonias de ultramar, o Territorio imperial de Alsacia e Lorena e as partes bávaras da Saargebiet, todas as perdas territoriais alemás como resultado da guerra mundial foron perdas prusianas. Como se especifica no tratado de Versalles, Aledmaña foi obrigada a entregar: as vilas de Eupen e Malmedy, a Bélxica;En ambas as localidades realizáronse plebiscitos para determinar se serían separados de Alemaña e anexionados a Bélxica. Ambos os territorios foron anexionados formalmente o 6 de marzo de 1925. o norte de Schleswig, a Dinamarca; o territorio de Memel, a Lituania; o territorio de Hlučín (Hultschin, en alemán), a Checoslovaquia; o Saargebiet ou territorio da conca do Sarre, foi administrado por Francia, encomenda que lle fixo a Sociedade de Nacións. Ademais, a provincia do Rin (Rheinprovinz), ou Prusia renana (Rheinpreußen), converteuse nunha zona desmilitarizada.

A maior parte das perdas territoriais de Prusia pasaron a Polonia, incluíndo a maior parte das provincias de Posen e Prusia Occidental, e unha sección do leste de Silesia. A cidade de Danzig e os seus arredores foron colocados baixo a administración da Sociedade de Nacións como o estado da Cidade Libre de Danzig. Estas perdas separaron a Prusia Oriental do resto do país, agora só accesíbel por ferrocarril a través do Corredor polaco ou por mar.

1918–1932: Bastión democrático miniatura|180px|Otto Braun. miniatura|180px|Franz von Papen. miniatura|180px|Herman Göring.

Ao longo dos seus primeiros 400 anos de existencia, Prusia fora sinónimo de oligarquía e militarismo. En contraste, durante a República de Weimar Prussia era un piar da democracia. O restritivo Sistema das tres clases,O Sistema das tres clases era un sistema de votación adoptado en 1849 polo rei Federico-Guilerme IV de Prusia para a elección da Cámara dos Deputados de Prusia. O escrutinio era desigual, público e indirecto. foi suprimido pouco despois de que o káiser Guillerme II abdicara. Agora o poder pasara dos Junker,Denominábase Junker ao membro da nobreza terratenente de Prusia e o leste de Alemañaa que dominou todo o pais alemán ao longo do século XIX e principios do XX. Xurdiron da baixa nobreza e seguiron as tradicións da aristocracia alemán, onde o primoxénito levaba toda a herdanza e os demais fillos varóns eran enviados ao Exército ou á Igrexa, en tanto que ás fillas se lles buscaba o mellor marido posíbel. Así, moitos clans lograron reunir grandes fincas e un gran poder a través das súas numerosas, e ben situadas, conexións familiares. terratenentes e grandes empresarios ao "Berlín Vermello" e a zona industrializada do Ruhr, ambos os territorios con maiorías obreiras. Prusia convertíase nun bastión da esquerda.

De 1919 a 1932 Prusia foi gobernada por unha coalición formada polo Partido Socialdemócrata de Alemaña (Sozialdemokratische Partei Deutschlands, SDP), o católico Partido do Centro ((Deutsche Zentrumspartei, ou simplemente Zentrum) e os demócratas do Partido Democrático Alemán (Deutsche Demokratische Partei, DDP); desde 1921 a 1925, os gobernos de coalición incluían tamén o Partido Popular Alemán (Deutsche Volkspartei, DVP).

A diferenza de noutros Estados do Reich alemán, en Prusia o goberno pola maioría dos partidos democráticos nunca estivo en perigo de extinción. Porén, en Prusia Oriental e nalgunhas zonas industriais, o Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns (Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP), o partido Nazi de Adolf Hitler foi gañando cada vez máis influencia e apoio popular, especialmente da clase media-baixa.

1932: O Preußenschlag ou Golpe de Estado prusiano Todo isto cambiou o 20 de xullo de 1932 co Preußenschlag ("golpe prusiano"), cando o Chanceler do Reich Franz von Papen derrocou por decreto ao goberno democrático do Estado Libre de Prusia de Otto Braun, co pretexto de que perdera o control da orde pública. Isto foi provocado por un tiroteo entre membros da Sturmabteilung (SA) e das Schutzstaffel (SS) e militantes comunistas en Altona, Hamburgo (Altona era aínda unha parte de Prusia naquel momento). Despois deste decreto de emerxencia, Papen autodesignouse Comisario do Reich para Prusia, e tomou o control do goberno. Este feito facilitou que Adolf Hitler asumira o control de Prusia no ano seguinte.

O goberno de Otto Braun presentou unha demanda nos tribunais, pero o caso seguiu sen resolverse debido primeiro á segunda guerra mundial e a posterior ocupación aliada e a partición de Alemaña.

O establecemento do goberno nazi en Prusia

O 30 de xaneiro de 1933, Hitler fora nomeado Chanceler de Alemaña. Como parte do trato para conseguir iso, Papen foi formalmente nomeado ministro-presidente de Prusia, ademais de vicechanceler do Reich. E o lugartenente de Hitler Hermann Göring converteuse en ministro do Interior do Estado. Catro semanas máis tarde (27 de febreiro de 1933), a Reichstag foi incendiado.

A instancias de Hitler, o Presidente Paul von Hindenburg suspendeu por decreto as liberdades civís en Alemaña. Seis días despois do incendio, as eleccións parlamentarias do 5 de marzo de 1933 consolidou a posición do Partido Nazi, aínda que non logrou a maioría absoluta. Porén, co seu socio de coalición, o Partido Popular, Hitler obtivo unha escasa maioría no Reichstag.

Göring interveu de maneira prominente nestas eleccións, porque era o comandante da forza policial máis grande do Reich. A súa policía perseguía e acosaba aos membros doutros partidos (especialmente aos comunistas e aos socialdemócratas) e só permitiu que os Nazis e os Populares puideran realizar a súa campaña electoral sen seren molestados relativamente.

Desmantelamento de Prusia No estado centralizado creado polos nazis, mediante as leis "sobre a reconstrución do Reich" (Gesetz über den Neuaufbau des Reiches) do 30 de xaneiro de 1934 e "sobre os gobernadores do Reich" (Reichsstatthaltergesetz), do 30 de xaneiro de 1935, os estados e provincias de Prusia disolvéronse de feito, se non na lei. Os gobernos federais do Estado eran a partir de aí controlados polos gobernadores do Reich que eran designados directamente polo chanceler. Paralelamente a iso, a organización do partido nazi nos distritos creados para substituír as antigas divisións administrativas (Gaue) cobraba importancia crecente; como oficial a cargo dun Gau (o Gauleiter e triste memoria) era designado tamén polo chanceler. Hitler nomeara formalmente ao gobernador de Prusia, aínda que as súas funcións eran exercidas por Göring. miniatura|300px|Mapa das Gaue do Terceiro Reich en 1944.

As posicións de liderado de Reichsstatthalter e ministro-presidente, ambos os cargos ostentados por Hermann Göring, continuaron existindo pero estaban subordinadas ao réxime nazi. Aínda se realizaron algúns cambios nas provincias prusianas máis tarde. Por exemplo, a "lei da área metropolitana de Hamburgo" ou "lei do Gran Hamburgo" (Groß-Hamburg-Gesetz) de 1937 transferíalle e este Gau algúns territorios das provincias de Hannover e Schleswig-Holstein, ao mesmo tempo que anexionaba o Geesthacht hamburgués e a cidade hanseática de Lübeck a Schleswig-Holstein, así como o porto hamburgués de Cuxhaven á provincia de Hannover.

Outros cambios tiveron lugar en 1939, con cesións de municipios suburbanos pruso-hanoverianos a Bremen e devolver a anexión do porto bremés de Bremerhaven á provincia de Hannover. Tamén a cidade hamburguesa de Wilhelmshaven foi cedida a Oldenburgo.

En 1942, as redistribucións afectaron ás provincias de Saxonia e Hannover, e ao Estado Libre de Brunswick.

As terras prusianas transferidas a Polonia despois do tratado de Versalles foron reanexionadas durante a segunda guerra mundial. Porén, a maioría destes territorios non foron reintegrados en Prusia, senón asignados a diferentes Gaue da Alemaña nazi.

Disolución formal de Prusia

Co fin do goberno nacionalsocialista 1945 veu a división de Alemaña en zonas de ocupación e a transferencia do control de todo o territorio ao leste da liña Oder-Neisse a outros países. Como ocorrera no caso da primeira guerra mundial, case a totalidade deste territorio fora territorio prusiano (agás unha pequena porción da terra ao leste da fronteira revisada que pertencera a Saxonia). miniatura|250px|Mapa que mostra as perdas territoriais alemás en favor de Polonia e a Unión Soviética.

A maior parte do territorio foi transferido a Polonia e a parte setentrional de Prusia Oriental, incluíndo Königsberg (hoxe Kaliningrado), foi anexionada pola Unión Soviética.

As perdas representaron case as dúas quintas partes do territorio prusiano e case unha cuarta parte do territorio dentro das fronteiras de Alemaña antes de 1938. Estímase que uns 10 millóns de alemáns fuxiron ou foron expulsados á forza destes territorios como parte do chamado éxodo alemán. O que quedaba de Prusia abarcaba un pouco máis da metade do territorio alemán restante e un pouco máis da metade do territorio de Prusia antes de 1914.