San Cosme de Antes é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2018 tiña 312 habitantes (162 mulleres e 150 homes), 155 menos ca en 199. Ten catro entidades de poboación.

Xeografía Consta de 4 lugares, Cumbráns, Grille, Pazos e A Xunqueira.

O río Xallas percorre esta parroquia servindo de fronteira con outras parroquias como a de San Cristovo de Mallón, San Xoán de Grixoa, no concello de Santa Comba, e San Pedro de Brandomil no concello de Zas.

Servizos Posúe un colexio de educación primaria no centro da parroquia que está en actual funcionamento.

Símbolos No adro desta parroquia atópase o seu símbolo máis coñecido, un carballo centenario partido pola metade por un raio. Esta parroquia refírese habitualmente como o lugar de orixe do "sancosmeiro", un sombreiro de palla trenzada e cosida que servía para traballar no campo. Porén a súa implantación dende Fisterra ata Santiago fai que unha parte importante da doutrina desbote esta teoría que trata de explicar a orixe deste chapeu.

Festas Nesta parroquia celébranse seis festas, o 19 de marzo, o San Xosé, o 30 de maio, o Santo Antonio, o 20 de agosto, o San Bernardo, o 7 de setembro, o Santísimo Sacramento, o 8 de setembro, a Nosa Señora do Rubín e o 26 de setembro os seus patróns San Cosme e San Damián.

Lugares e parroquias Lugares de Antes

Parroquias de Mazaricos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mazaricos

Categoría:Parroquias de Mazaricos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cosme