Santiago de Baltar é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Melide. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 56 habitantes (29 mulleres e 27 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 72 habitantes.

Patrimonio Nesta parroquia áchase un dos dous reloxos de sol do concello. O outro atópase na parroquia de Folladela. Antiga escola de Baltar: Edificio de cachotaría nos perfís no medio dunha carballeira. Foi escenario da serie da TVG, Libro de familia. Cruceiro de Santiago de Baltar: Data de 1667 consonte á inscrición no pedestal. A cruz, de sección rectangular, está decorada con cabezas de anxo con ás; no anverso ten a imaxe de Cristo crucificado e no reverso a da Inmaculada coas mans en actitude orante e a lúa ós seus pés. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco de lados curvos e vértices achaflanados, volutas, querubíns e follas de bordos lobulados. O fuste, de sección circular, ten estrías e boceis, coas imaxes de Santo Andrés e San Xoán. O pedestal, con forma de tronco de pirámide cuadrangular, remata nunha roda moldurada; nas súas catro caras, ademais da inscrición mencionada onde figura a data de construción, aparecen os símbolos da Paixón de Cristo: tenaces, corazón, martelo, palma, sapo, píntega, esponxa, lanza, cruz, coroa, escaleira, tres cravos e caveiras nas arestas.

Galería de imaxes

Cruceiro de Baltar

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Baltar

Parroquias de Melide

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Melide

Categoría:Parroquias de Melide Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior