A herba punteira, tamén coñecida coma herba das cortaduras, sempreviva ou herba tiouraNomes vulgares galegos en "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009, a través de Buscatermos da USC- https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#23882807 Sempervivum tectorum é unha herbácea da familia das crasuláceas (Crassulaceae). miniatura|240px|Ilustración miniatura|240px|Detalle da flor miniatura|240px|Inflorescencia Distribución Medra nos Pireneos, nos Alpes, nos Apeninos e nos Balcáns. Especie espontánea da flora da Península Ibérica.

Descrición A súa altura pode acadar os 20 ou 30 cm e 15 a 30 cm de largo. Forma grandes rosetas coas follas de cor verde brillante coas puntas purpúreas e o envés abrancazado. As súas flores acostuman ser rosadas ou arroibadas, en forma de estrela, sobor de talos erectos e cheos de follas, de 30 a 50 cm de altura. Florea polo verán. Mantén o mesmo aspecto en todas as épocas do ano, semellando nunca murchar. Posúe unha gran capacidade de sobrevivencia nas condicións máis adversas de clima e de humidade. Non require de solos ricos, medrando entre pedras, e atura as xeadas e as altas temperaturas sen se danar.

Uso en xardinaxe Adoita empregarse en xardíns de rocalla, para adornar muros, valados ou fendas entre as rochas, entre as lousas do chan, vasos, testos etc. Nalgunhas zonas da España mediterránea acostúmase ver plantada nos tellados das casas* Diccionario de plantas medicinales. ISBN 978-84-941386-1-4 EDITORIAL Ta-BooK.info Autor: Jose Antonio Sánchez.. De feito tectorum é un epíteto latino que significa "dos tellados". No século IX, Carlomagno, ordenou que todos os tellados das casas de aldea se cubrisen con esta herba perante a crenza de que evitaba os raios. Moitos ferreiros usábana para esta fin.* Una planta en el tejado

Esixe moi pouco coidado, polo que é doada de manter. Necesita de moita luz e rega escasa. Atura xeadas e altas temperaturas. Reprodúcese por separación e replantado das rosetas que medran na base da planta nai.

Taxonomía Sempervivum tectorum foi descrita por (Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 464. 1753. Etimoloxía Sempervivum: nome xenérico que deriva das palabras do latín semper = "sempre" e vivum = "vivo", e está relacionado co feito de que estas plantas manteñen as súas follas durante o inverno e medran incluso en condicións moi difíciles. En castelán recibe o nome de siempreviva, en portugués sempre-viva-dos-telhados.

tectorum: epíteto latino que significa "dos tellados".en Epítetos Botánicos Sinonimia Sedum majus Garsault [Invalid] Sedum tectorum Scop. Sempervivum acuminatum Schott Sempervivum alpinum Griseb. & Schenk Sempervivum andreanum Wale Sempervivum arvernense Lecoq & Lamotte Sempervivum boutignyanum Billot & Gren. Sempervivum cantalicum Jord. & Fourr. Sempervivum clusianum (Ten.) Ten. Sempervivum glaucum Ten. Sempervivum lamottei Boreau Sempervivum schottii Baker Sempervivum spectabile C.B.Lehm. & Schnittsp. Sempervivum cebennense Lamotte

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Características das crasuláceas Bibliografía Cronquist, A.J., N. H. Holmgren & P. K. Holmgren. 1997. Vascular plants of the intermountain west, U.S.A., subclass Rosidae (except Fabales). 3A: 1–446. In A.J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J.L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York. Flora of North America Editorial Committee. 2009. Magnoliophyta: Paeoniaceae to Ericaceae. Fl. N. Amer. 8: i–xxiv, 1–585. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York. Gleason, H. A. & A.J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118. Nelson, C. H. 2008. Cat. Pl. Vasc. Honduras 1–1576. Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa. Standley, P. C. & J. A. Steyermark. 1946. Crassulaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemala - Part IV. Fieldiana, Bot. 24(4): 404–415.

Ligazóns externas Infojardín (en castelán) Casa Pià (en castelán) Plants for a future Una planta en el tejado (en castelán)

Categoría:Sempervivum Categoría:Cactos Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas descritas en 1753