Fernando Montero Doiztua, nado en Oviedo cara a 1890, foi un enxeñeiro, xornalista e político español.

Traxectoria Enxeñeiro industrial da Compañía Telefónica. Foi funcionario da Deputación de Cáceres, militou no Partido Reformista e colaborou nos periódicos El Bloque, El Reformista e Uno más.Montero de Doizfúa, Fernando Nos anos dez foi director da Oficina Técnica de Lugo. Dirixiu na Coruña o semanario Región Gallega (1924) fundado por José Miñones Bernárdez, fundou e dirixiu a revista Galicia (1924-1926) e a súa continuadora Galicia Gráfica (1926-1929). En 1930 estaba destinado en Sevilla; foi delegado de Traballo en León durante dous anos, e en setembro de 1935 foi nomeado inspector xefe de Traballo de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 5-9-1935, p. 13.El Pueblo Gallego, 14-9-1935, p. 8. En abril de 1936 foi nomeado inspector provincial de traballo da Coruña.La Voz de Galicia, 3-4-1936, p. 7.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na Prisión provincial de Salamanca o 21 de febreiro de 1938. Trasladado a Coruña o 28 de febreiro para ser xulgado por rebelión na causa 1303/37, foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Foi separado definitivamente do servizo como inspector de traballo en 1938.BOE, 13-6-1938, p. 7.834. Preso no cárcere da Coruña, saíu en liberdade condicional en maio de 1941.BOE, 31-1-1941, p. 3888. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 3-1-1941, p. 56. Instalado en Vigo, redactou un proxecto para unha exposición Hispano-Americana que se realizaría en Vigo en 1951.La Noche, 26-11-1947, p. 3. Vida persoal En 1917 casou en Sada con Emilia López Correa,El Progreso, 29-9-1916, p. 2. quen faleceu en Lugo o 19 de outubro de 1918.El Progreso, 20-10-1918, p. 2. Fernando volveu casar en León con Josefina de Paz del Río en 1930.El Progreso, 23-3-1930, p. 1.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en Memoria y Justicia

Categoría:Xornalistas de Asturias

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en ano descoñecido