A Virxe do Camiño é un lugar da parroquia de Muros no concello coruñés de Muros, na comarca de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 194 habitantes (89 homes e 105 mulleres). Toponimia O topónimo A Virxe do Camiño débese á presenza no lugar do santuario da Virxe do Camiño, da Baixa Idade Media. Patrimonio

O santuario da Virxe do Camiño, de estilo gótico, foi construído cara ao século XV. Acolle unha imaxe da Virxe, atopada segundo a tradición nunha praia veciña. A planta é rectangular, composta por unha soa nave dividida en catro tramos por tres arcos apuntados. No exterior ten grosos contrafortes e uns grandes canzorros de inspiración románica.

A carón da fachada principal está anexo o edificio que correspondeu ao antigo Hospital de Lazarados, que tamén servía lugar de acollida para os peregrinos que dende Santiago de Compostela se dirixían a Fisterra pola costa.

Lugares e parroquias Lugares de Muros

Parroquias de Muros

Categoría:Lugares de Muros