Anne Revere, nada en Nova York o 25 de xuño de 1903 e finada en Locust Valley (Nova York) o 18 de decembro de 1990 foi unha actriz estadounidense.

Traxectoria Descendente do heroe Paul Revere, estudou interpretación con Maria Ouspenskaya e Richard Boleslavsky. Debutou en Broadway en 1931 en The Great Barrington e tres anos despois marchou a Hollywood para a adaptación cinematográfica da obra.

Durante a súa carreira apareceu en case tres ducias de filmes, gañando o Oscar á mellor actriz secundaria en 1944 por National Velvet.

En 1951 negouse a declarar ante a House Un-American Activities Committee. Non volvería aparecer en pantalla ata vinte anos despois. A partir de 1960 traballou na televisión.

Filmografía Ano Filme1934Double Door1940The Howards of VirginiaOne Crowded Night1941Remember the DayThe Flame of New OrleansMen of Boys TownThe Devil Commands1942The Gay SistersAre Husbands Necessary?Meet the Stewarts1943The Song of BernadetteOld AcquaintanceShantytownThe Meanest Man in the World1944The Keys of the KingdomNational VelvetSunday Dinner for a SoldierRainbow IslandStanding Room Only The Thin Man Goes Home1945Fallen AngelDon Juan Quilligan1946Dragonwyck1947Gentleman's AgreementForever AmberCorpo e almaCarnival in Costa RicaThe Shocking Miss Pilgrim1948Deep WatersScudda Hoo! Scudda Hay!Segredo tras a porta1949You're My Everything1951A Place in the SunThe Great Missouri Raid1970Macho CallahanTell Me That You Love Me, Junie Moon1976Birch Interval

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Lista negra de Hollywood