José Luis García Muñoz, máis coñecido como José Luis Garci, nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1944, é un produtor, crítico, presentador de televisión, autor literario, guionista e director de cine español.
Biografía Debutou na industria cinematográfica como guionista a comezos da década dos '70, escribindo para xente como Antonio Giménez Rico, León Klimovsky, Pedro Olea, Eloy de la Iglesia, Antonio Drove ou Roberto Bodegas.
En 1977 debutaría dirixindo longametraxes con Asignatura pendiente (película protagonizada por José Sacristán e Fiorella Faltoyano). En 1982 rodou Volver a empezar, película coa que conseguiría o Óscar ó mellor filme estranxeiro. O seu último traballo é Tiovivo c. 1950 (2004).
Filmografía 1977 — Asignatura pendiente 1978 — Solos en la madrugada 1979 — Las verdes praderas 1981 — El crack 1982 — Volver a empezar 1983 — El crack II 1984 — Sesión continua 1987 — Asignatura aprobada 1994 — Canción de cuna 1997 — La herida luminosa 1998 — El abuelo 2000 — You're the One (una historia de entonces) 2002 — Historia de un beso 2004 — Tiovivo c. 1950 2005 — Ninette 2007 — Luz de domingo 2008 — Sangre de mayo 2012 — Holmes & Watson. Madrid Days
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes