Echinacea, as equináceas, é un xénero de plantas herbáceas e perennes da familia das asteráceas. A especie Echinacea angustifolia posúe propiedades tónicas e afrodisíacasDiccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002. Todas as especies son nativas do leste de América do Norte. Comprende 42 especies descritas e destas, só 11 aceptadas.

Descrición Son plantas herbáceas, perennes e tolerantes á seca que miden 1 ou 2 m en altura. As follas son de lanceoladas a elípticas, de 10 a 20 centímetros de longo e 1,5–10 cm de largo. Como é característico de toda a familia das Asteráceas, as flores forman unha inflorescencia composta por flores púrpuras (raramente amarelas ou brancas) dispostas en forma de cabeciñas cónicas; xa que o limbo das lígulas exteriores tenden a apuntar cara a abaixo unha vez que a cabeciña da flor abre, formando, deste xeito, un cono.

Propiedades O extracto de equinácea úsase en tratamentos complementarios de infeccións respiratorias, gripes, arrefriado, farinxite, rinite e sinusite.

Os seus constituíntes químicos son o ácido cafeico, ácido chicórico, polialcanos, polisacáridos, tuselaxina, acetato de bornil, alcamídeos, borneol, cariofileno, cinarina, equinacosídeo, isotusilaxina.

As súas propiedades medicinais son antibacterianas, antibióticas, antivirais, antisépticas, antiinflamatorias, antimicrobianas, inmunoestimulantes e fortificantes.

Taxonomía O xénero foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis : a staminum situ describendi 591. 1794.

Etimoloxía O nome do xénero procede do grego echino, que significa "espiñento", por mor ao disco central espiñento da cabeciña floral.

Especies e variedades aceptadas Echinacea angustifolia Echinacea atrorubens Echinacea laevigata Echinacea pallida Echinacea paradoxa Echinacea paradoxa var. neglecta Echinacea paradoxa var. paradoxa Echinacea purpurea Echinacea sanguinea Echinacea sanguinea Echinacea simulata Echinacea tennesseensis

Notas

Bibliografía Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 8: Asteraceae, part 3. 21: i–xxii + 1–616. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, New York.

Ligazóns externas

Echinacea und die Cannabinoid Rezeptoren Der Sonnenhut - eine Giftpflanze Artikel über die Metastudie von Thomas J. Caruso und Jack M. Gwaltney zur Wirksamkeit von Echinacea Ronald B. Turner, Rudolf Bauer, Karin Woelkart, Thomas C. Hulsey, and J. David Gangemi. An Evaluation of "Echinacea angustifolia" in Experimental Rhinovirus Infections. New England Journal of Medicine, 353:341-348, 2005

Categoría:Plantas medicinais