Las Noticias foi un xornal editado na Coruña entre 1877 e 1885.

Historia e características Subtitulado Diario liberal independiente e Diario de la mañana, apareceu en 1877. Fundado por Antonio de la Fuente, que foi o seu director e propietario, os seus redactores eran Froilán Salazar e o propio director.La Ilustración Gallega y Asturiana, 18-9-1881, p. 10. Consagrado á ilustración das clases obreiras e agrícolas. Interrompeu uns meses a súa publicación en 1880. En 1881 a súa tirada alcanzaba os mil exemplares. Cesou a súa publicación en 1885.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1877 en Galicia