Constance Frances Marie Ockelman, nada en Nova York o 14 de novembro de 1922 e finada en Burlington (Vermont) o 7 de xullo de 1973, foi unha actriz estadounidense coñecida como Veronica Lake.
Traxectoria Despois de varias mudanzas, a familia marchou a Beverly Hills en 1938, onde Veronica comezou a estudar interpretación. Os seus primeiros papeis no cinema foron como extra, sendo o seu primeiro filme Sorority House, de John Farrow, que foi quen notou que o seu cabelo sempre cubría o seu ollo dereito. Destacou por primeira vez nun pequeno papel en Forty Little Mothers e conseguiu un contrato coa Paramount Pictures.
A partír de entón participou en filmes moi populares, sendo nuns anos da década de 1940 unha das actrices máis comerciais de Hollywood. Especialmente coñecidos foron os seus traballos con Alan Ladd, co que a emparellaron debido a curta estatura de ambos.
Durante a segunda guerra mundial o goberno pediulle que cambiase o seu peiteado para axudar a que as mulleres que estaban a traballar nas fábricas levasen un peiteado máis práctico e seguro. Aínda que se reduciron os accidentes tamén decaeu a carreira cinematográfica de Lake.
Durante a súa carreira tivo fama de ser complicado traballar con ela e a mediados da década de 1940 comezou a abusar do alcohol. En 1948 a Paramount decidiu non renovar o seu contrato. En 1951 apareceu nun último filme e ese mesmo ano ela e o seu marido, André de Toth, declaráronse en bancarrota. Lake fixo algúns traballos no teatro e na televisión.
Tras o seu divorcio, viviu en hoteis baratos de Nova York e foi arrestada varias veces por embriaguez. En 1962 un xornalista do New York Post descubriuna traballando de camareira nun hotel de Manhattan.
En 1969 publicou a súa autobiografía, Veronica: The Autobiography of Veronica Lake. Co diñeiro gañado con ela produciu o seu último filme, unha película de terror de pouco orzamento titulada Flesh Feast.
Finou en 1973 de hepatite aguda e dano renal.
Filmografía Ano Filme 1939 Sorority House 1939 The Wrong Room 1939 Dancing Co-Ed 1939 All Women Have Secrets 1940 Young as You Feel 1940 Forty Little Mothers 1941 I Wanted Wings 1941 Hold Back the Dawn 1941 Sullivan's Travels 1942 This Gun for Hire 1942 The Glass Key 1942 I Married a Witch 1943 So Proudly We Hail! 1944 The Hour Before the Dawn 1945 Bring on the Girls 1945 Out of This World 1945 Hold That Blonde 1946 Miss Susie Slagle's 1946 The Blue Dahlia 1947 Ramrod 1948 Saigon 1948 The Sainted Sisters 1948 Isn't It Romantic? 1949 Slattery's Hurricane 1951 Stronghold 1966 Footsteps In the Snow 1970 Flesh Feast
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1973