Unha microonda (tamén designada SHF- Super High Frequency) é unha onda electromagnética con lonxitude de onda maior que as ondas de raios infravermellos, mais menor que a das ondas de radio. Esta magnitude varía, consoante os autores, de 30 cm (1 GHz de frecuencia) ata 1 cm (30 GHz de frecuencia).

Nota: enriba dos 300 GHz, a absorción da radiación electromagnética pola atmosfera da Terra é tan grande que esta é practicamente opaca para as frecuencias máis altas, ata que se torna novamente transparente na, así chamada, "fiestra" do infravermello ata a luz visíbel.

Xeración As microondas poden xerarse por varios dispositivos, xeralmente divididos en dúas categorías: dispositivos de estado sólido e dispositivos a válvulas. Os dispositivos de estado sólido son constituídos por semicondutores tales como silicio ou arseniato de galio, e inclúen o transistor de efecto de campo (coñecido pola sigla en inglés FET: Field Effect Transistor), o transistor de unión bipolar (coñecido pola sigla en inglés BJT Bipolar Junction Transistor), o díodo Gunn e o díodo IMPATT, entre outros. Os dispositivos de válvulas funcionan con base no movemento balístico dos electróns no baleiro, baixo a influencia de campos de control eléctricos ou magnéticos, e inclúen o magnetrón, o klystron, o TWT e o xirotrón.

Usos Un forno de microondas usa un xerador de microondas de tipo magnetrón para producir micro-ondas nunha frecuencia de aproximadamente 2,45 GHz para cociñar os alimentos. As microondas cociñan os alimentos, facendo que as moléculas de auga e outras substancias presentes nos alimentos vibren. Esta vibración crea unha calor que aquece o alimento. Debido a que a maior parte dos alimentos orgánicos está composta de auga, este proceso cocíñaos facilmente. As microondas úsanse nas transmisións para un satélite de comunicacións, porque as microondas atravesan facilmente a atmosfera terrestre, con menos interferencia que as ondas máis longas. Alén diso, as microondas permiten unha maior largura de banda que o restante do espectro de radiofrecuencia. O radar tamén usa radiación en microondas para detectar a distancia, velocidade e outras características de obxectos distantes. As redes sen fíos, tales como Bluetooth e outros usan microondas na faixa de 2,4 a 5 GHz. Os servizos de Aceso á Internet por radio tamén usan a faixa de 3,5 a 4,0 GHz. Televisión por cable e Internet de banda larga por cable coaxial e por MMDS, ben como certas redes de telefonía celular móbil, tamén usan as frecuencias máis baixas das microondas. As microondas poden usarse para transmitir enerxía a longas distancias e, despois da 2ª Guerra Mundial, teñen sido realizadas diversas investigacións para verificar esas posibilidades. A NASA realizou investigacións, durante os anos 1970/80, sobre o uso de Satélites de Enerxía Solar que captarían as emisións solares e as retransmitirían para a superficie da Terra por medio de microondas. Un máser é un dispositivo semellante ao láser, excepto polo feito de que traballa na faixa das microondas, en lugar da luz visíbel.

Categoría:Electromagnetismo