Eduardo de Torres Taboada, nado en Santiago de Compostela o 20 de xaneiro de 1851 e finado na Coruña o 8 de xaneiro de 1921Necrolóxica en El Orzán, 9-1-1921, p. 1., foi un avogado e político galego.

Traxectoria Foi deputado provincial. Foi elixido deputado polo distrito de Muros nas eleccións de 1891. Nas eleccións de 1899 foi elixido polo distrito da Coruña, polo que volveu ser elixido en 1901, 1903, 1905 e 1907. Foi senador pola provincia da Coruña en 1910, 1911, 1914 e 1915. En 1902 fundou e dirixiu o periódico Diario de La Coruña.

Vida persoal Casou con María Asunción Sanjurjo Flórez, condesa de Torre Penela, filla de Pedro Sanjurjo Pérez. Foi pai de Amalia Torres Sanjurjo, que casou en 1916 con Pedro Barrié de la MazaEl Noroeste, 3-8-1916, p. 1..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Finados en 1921 Categoría:Nados en 1851 Categoría:Nados en Santiago de Compostela