O farnesil pirofosfato (FPP), tamén chamado farnesil difosfato ou pirofosfato de farnesilo, é un intermediario da vía da HMG-CoA redutase ou do mevalonato utilizado por moitos organismos para a biosíntese de terpenos, terpenoides, e esterois.

Utilízase na síntese de CoQ (que forma parte da cadea de transporte electrónico), e é o precursor inmediato do escualeno (por medio do encima escualeno sintase), de deshidrodolicol difosfato (un precursor do dolicol, que transporta proteínas ao lume do retículo endoplasmático para a súa N-glicosilación), e de xeranilxeranil pirofosfato (GGPP).

Biosíntese A farnesil pirofosfato sintaseDhar MK, Koul A, Kaul S. Farnesyl pyrophosphate synthase: a key enzyme in isoprenoid biosynthetic pathway and potential molecular target for drug development. N Biotechnol. 2013 Jan 25;30(2):114-23. doi: 10.1016/j.nbt.2012.07.001. Epub 2012 Jul 25. PMID 22842101. (unha prenil transferase) cataliza as reaccións de condensación secuencial do dimetilalil pirofosfato con dúas unidades de isopentenil pirofosfato para formar farnesil pirofosfato, como se indica nas seguintes dúas reaccións:

O dimetilalil pirofosfato reacciona co isopentenil pirofosfato para formar xeranil pirofosfato: Ficheiro:Cholesterol-Synthesis-Reaction8.png

O xeranil pirofosfato despois reacciona con outras moléculas de isopentenil pirofosfato para formar farnesil pirofosfato Ficheiro:Cholesterol-Synthesis-Reaction9.png

Farmacoloxía As reaccións anteriores son inhibidas polos bisfosfonatosRussell RG. Bisphosphonates: mode of action and pharmacology. Pediatrics. 2007 Mar;119 Suppl 2:S150-62. PMID 17332236. (utilizados na osteoporose).

A rabdomiólise inducida polas estatinas débese á depleción do farnesil pirofosfato na célula, que orixina unha depleción de coencima Q na cadea de transporte de electróns das mitocondrias, un orgánulo que se encontra en grandes cantidades nos miocitos.Leo Marcoff, Paul D. Thompson. The Role of Coenzyme Q10 in Statin-Associated Myopathy: A Systematic Review. Journal of the American College of Cardiology. Volume 49, Issue 23, 12 June 2007, Pages 2231–2237. Nishiguchi T1, Akiyoshi T, Anami S, Nakabayashi T, Matsuyama K, Matzno S. Synergistic action of statins and nitrogen-containing bisphosphonates in the development of rhabdomyolysis in L6 rat skeletal myoblasts. J Pharm Pharmacol. 2009 Jun;61(6):781-8. doi: 10.1211/jpp.61.06.0011. PMID 19505369.

Compostos relacionados Farneseno Farnesol Xeranil pirofosfato Xeranilxeranil pirofosfato

Notas

Categoría:Organofosfatos Categoría:Terpenos