Homoloxía pode referirse a:

Homoloxía (bioloxía), características dos organismos biolóxicos que derivan dun antepasado común. Homoloxía de secuencias, semellanza nas secuencias entre proteínas ou entre ácidos nucleicos debido a unha orixe evolutiva común. Homoloxía profunda, a homoloxía que se dá en xenes de especies moi afastadas que determinan procesos de diferenciación de moitos órganos. Modelaxe de homoloxía, un método de predición da estrutura das proteínas. Homoloxía (antropoloxía), analoxía entre as crenzas humanas, prácticas ou artefactos debido a conexións históricas ou xenéticas. Homoloxía (química), relacións entre compostos nunha serie homóloga. Homoloxía (matemáticas), procedemento para asociar unha secuencia de grupos abelianos ou módulos cun obxecto matemático dado. Homoloxía (xeometría), relación dos lados que en cada unha de dúas ou máis figuras xeométricas semellantes están colocados na mesma orde. Homoloxía (psicoloxía), características de comportamento que teñen orixes comúns na súa evolución ou desenvolvemento. Homoloxía (socioloxía), "resonancia" estrutural entre os diferentes elementos que forman un conxunto sociocultural. Homoloxía bioquímica, relación de correspondencia que ofrecen entre si distintas moléculas ou algunha das súas partes, que teñen orixe e función semellantes.

Homólogo/a pode referirse a: Cromosomas homólogos, cromosomas do mesmo par das células diploides, que se recombinan na meiose. Xenes homólogos, xenes similares cun antepasado común. Recombinación homóloga, recombinación xenética entre cromosomas homólogos. Comportamentos homólogos, comportamentos típicos de especies que comparten un antepasado común que estaba caracterizado por ese comportamento OU comportamentos nun individuo que teñen unha orixe común no seu desenvolvemento. Desensibilización homóloga, a que se dá cando un receptor diminúe a súa resposta a unha molécula sinalizadora cando ese agonista está en alta concentración. Serie homóloga (química), serie de compostos orgánicos que teñen diferentes cantidades dunha unidade repetida. Temperatura homóloga, a temperatura dun material como unha fracción do seu punto de fusión absoluto. Eclipses homólogas, eclipses que teñen lugar na mesma lunación (numerada de 1 a 223) de ciclos de Saros consecutivos e en condicións case idénticas.

Homolóxico/a pode referirse a: Palabra homolóxica (ou autolóxica), palabra que expresa unha propiedade que posúe. Álxebra homolóxica, rama das matemáticas.

Homologación pode referirse a: Homologación, do grego "estar de acordo", para indicar a aprobación dun corpo sancionador. Homologación (deporte do motor), proceso de aprobación pola autoridade correspondente do modelo de coche/moto de uso oficial nas competicións. Reacción de homologación, reacción química que produce o seguinte membro lóxico dunha serie homóloga de compostos.