O mosteiro de San Cibrao foi un mosteiro medieval situado na parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde. Consérvase en ruínas, agás o edificio da igrexa.
Historia Ten orixe nos séculos XII-XIII e pertenceu á orde de San Bieito. A finais do século XV incorporouse ó convento de San Domingos de Lugo.
Estaba formado polo templo, o claustro e as dependencias dos monxes. O claustro está en ruínas. Na porta do patio exterior consérvase un chamador de ferro, cun martelo en forma de can e a cruz dominica. A igrexa foi reconstruída no ano 1787, cunha ampla nave con teito de madeira a dúas augas, e unha sala frontal no que se conserva unha primitiva pía bautismal. No interior hai un retablo con columnas salomónicas, e outros tres retablos laterais.
Galería de imaxes
Véxase tamén Bibliografía San Cibrao de Montecubeiro en Proxecto ARGA Pardo Villar, A.: "El convento de Santo Domingo de Lugo (Notas históricas)". Boletín da Real Academia Galega nº 281-284.
Montecubeiro Montecubeiro Categoría:Castroverde