miniatura|Inflorescencia masculina pénsil. miniatura|Noces pacana enteiras, en dehiscencia incipiente e aberta. miniatura|Noz pacana enteira. miniatura|Anatomía interna dunha noz aberta. miniatura|Noz aberta sen a súa semente, evidenciando restos do tabique principal de separación inter-cotiledóns e o tabique duplo parcial perpendicular ao cotiledón. miniatura|Noz pacana: trima aberta sen o seu epicarpo nin mesocarpo, cun dos dous cotiledóns da semente in situ no seu endocarpo pétreo e o outro separado e solto.

Carya illinoinensisNingún dicionario galego recolle o nome vulgar actualmente, porén é unha especie que adoita ter nomes vulgares en todas as lingua romances, incluíndo o portugués, no que se denomina nogueira-de-pecã ou pecan. Mentres non apareza o nome vulgar galego nunha publicación, manterase o nome científico coma entrada no artigo é unha especie do xénero Carya, na familia Juglandaceae (familia á que pertence tamén a nogueira común). O seu froito é comestíbel e recibe o nome de pacana ou noz pacanaVV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 179. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0.

Descrición É unha árbore caducifolia e monoica que pode superar os 40 m de altura, de casca cinsenta clara ou parda e cuberta de escamas ou exfoliacións laminares. As follas, imparipinnadas, xeralmente glabras ou con pelos simples curtos, miden 40–70 cm e teñen 7-17 folíolos peciolados ovalo-lanceolados, habitualmente falcados, de 2-16 por 1–7 cm, de ápice agudo, base asimétrica e marxe finamente serrada. Os amentos (candeas) pénsiles masculinas están compostos por numerosas flores con estames escasamente pilosos e miden uns 20 cm de longo co rabo cuberto de tricomas glandulares. Inflorescencias femininas en espigas terminais pauciflores. Froito drupáceo en trima (drupa involucrada) de cor marrón, ovoide-elipsoide, non comprimido, de 2-6 por 1,5–3 cm con involucro áspero de 3–4 mm de espesor, dehiscente case até a súa base en 4 valvas. A noz, indehiscente, ten cor exterior canela, coa superficie macía e brillante, asucada por riscos lonxitudinais anastomosados pouco marcados e de cor máis clara; ten forma ovoide, casca de espesor milimétrico e 4-5 costelas de pouco relevo e que non se corresponden cos tabiques internos, mais coas suturas de dehiscencia da envoltura da noz (mesocarpo e epicarpo, ou sexa o nauco). Arrodea unha semente sen endospermo, engurrada e lobulada, de cor parda clara con tons dourados e finamente puntuada de marrón máis escuro, con 2 sucos lonxitudinais separados por unha crista e que corresponden a un tabique duplo, moi incompleto, perpendicular ao tabique principal completo, de consistencia pergaminoide, que separa os dous cotiledóns.Carya illinoinensis en Flora of China

Distribución e hábitat Nota: a distribución orixinal non é clara, por mor ao seu intenso cultivo dende épocas remotas. Sería unha especie nativa do sueste dos Estados Unidos (Indiana [sur e leste] Illinois, Iowa [sueste], Kansas [sueste], Missouri, Oklahoma, Arcansas, Kentucky [oeste], Louisiana, Mississippi [oeste], Tennessee, Texas) e México (Coahuila, Nuevo León, Tamaulipas, Guanajuato, Xalisco, Oaxaca, Veracruz). Introducida en Malta e leste dos Estados Unidos e cultivada en Suráfrica, Azerbaidján, China, Australia, Ucraína, Brasil e outros países de América do Sur. Por exemplo, na Arxentina foi introducida dende os Estados Unidos a finais do século XIX polo presidente Domingo Faustino Sarmiento, para elevar a produción das illas do Delta do Paraná. No Perú foi levada durante a época do vicerreinado.

O seu hábitat natural nos seus países de orixe sitúase ao longo dos ríos, as chairas de alagamento e en solos ben drenados. Florece na primavera en altitudes comprendidas entre o nivel do mar e os 600m, excepcionalmente 1000m,

No sur de España, semella que comeza a se naturalizar nalgunhas zonas da Alpujarra granadina e maila Axarquía almeriense.Blanca G., Cabezudo B., Cueto M., Salazar C. & Morales Torres C. (2011, eds.). Flora Vascular de Andalucía Oriental. 2ª Edición corrixida e aumentada, páx. 926

Propiedades e usos Medicinais Os amerindios kiowa usaban a decocción da casca coma menciña contra a tuberculose e os comanches o po de follas secas en fretas contra a tiña.Carlson, Gustav G. and Volney H. Jones, Some Notes on Uses of Plants by the Comanche Indians. Papers of the Michigan Academy of Science, Arts and Letters 25:517-542(p. 520), 1940; Vestal, Paul A. and Richard Evans Schultes The Economic Botany of the Kiowa Indians. Cambridge MA. Botanical Museum of Harvard University, 1939(p. 20) Native American Ethnobotany, A Database of Foods, Drugs, Dyes and Fibers of Native American Peoples, Derived from Plants, Universidad of Michigan-Dearborn, consultado 19 de novembro de 2013 A casca e mailas follas son adstrinxentes. En México úsase a casca para sandar febres intermitentes e a dispepsia.

Alimenticios Composición nutricional (/100g) Calorías: 710kcal (2958 kJ) Calorías da graxa: 630kcal (2625kJ) Graxa total: 70g Graxas saturadas: 6,7g Colesterol: 0 Sodio: 0 Glícidos: 13,3g Fibra alimenticia: 6,7g Azucres: 3,3 g Proteínas: 10,0 g Vitamina A: 130,0 UI Vitamina C: 2,0 mg Tiamina: 0,9 mg Riboflavina: 0,1 mg Niacina: 0,9 mg Calcio: 73,0 mg Ferro: 2,4 mg Potasio: 603,0 mg Magnesio: 142,0 mg Fósforo: 189,0 mg Ácidos graxos: Saturados: 9,6% 14:0 ácido mirístico: 1,4% 15:0: 0,3% 16:0 ácido palmítico: 5,1% 17:0 ácido margárico: 0,4% 18:0 ácido esteárico: 1,9% 20:0 ácido araquídico: 0,5% Monoinsaturados: 56.0% 16:1 ácido palmitoleico: 0.6% 17:1: 0,4% 18:1 ácido oleico: 54,2% 20:1 ácido eicosenoico: 0,8% Poliinsaturados: 34,4% 18:2 ácido linoleico: 32,2% 18:3 ácido linolénico: 2,2% Camilla Pecans, Nutrition & Health Benefits .

Usos gastronómicos A pacana pode ser consumida fresca ou ser utilizada na cociña, especialmente en repostaría, mais tamén en pratos de moito sabor: úsase en recheos, pans de noces ("panque de nuez" en México), xeados e pratos de verduras salgadas. Unha das sobremesas máis coñecidas coa noz pacana coma ingrediente principal é o pastel coñecido coma «pecan pie» dos Estados Unidos. Un leite doce, "pawcochiccora", obtido ao ferver as sementes úsase para facer doces e cociñar entre os indios americanos. Os indios Comanches usábana, ademais de fins medicinais, coma alimento, en particular durante o inverno. No Perú teñen moita sona os doces recheos deste froito: "teja", "chocoteja".

Outros usos É moi común o seu uso como planta ornamental. A madeira, vermella, escura, pesada, dura mais elástica, usábase para facer apeiros agrícolas, mobles, esquís, arcos e paus de golf.

Produción

Estados Unidos, ademais de ser o lugar de orixe desta árbore, é tamén o maior produtor mundial, acaparando máis do 60% da produción anual (2012-2013).

Principais produtores (estimacións campaña 2012-2013 - en toneladas, con casca) USA: 163.556 México: 80.273 Suráfrica: 9.971 Australia: 2.570 Outros países: >1.502

Total mundial: >257.870

Nota: "outros países" inclúe á Arxentina, Brasil, China, Israel, Perú,...

Exemplar senlleiro en Galiza A Carya illinoinensis do Pazo de Mariñán, en Bergondo (A Coruña) figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.

Taxonomía Carya illinoinensis foi descrita por Wangenh. coma Juglans illinoensis en Beitr. Forstw. Nord-Am. Holz., 54, t. 18, fig. 43 en 1787 -e que é o basiónimo- e atribuído despois ao xénero Carya por K.Koch e publicado en Dendrologie, 1, p. 593 en 1869 como Carya illinoënsis. Sinónimos Carya angustifolia Sweet Carya diguetii Dode Carya pecan (Marshall) Engl. & Graebn. Carya tetraptera Liebm. Hicoria pecan (Marshall) Britton ?Hicorius diguetii Standl. Hicorius oliviformis (Michx.) Nutt. Hicorius tetraptera (Liebm.) Rzed. & al., nom. inval. Juglans illinoinensis Wangenh. Juglans oliviformis Michx. Juglans pecan MarshallCarya illinoinensis en The Plant List, nov. 2013

Híbridos A especie hibrida con: Carya aquatica ( = Carya × lecontei Little [= Hicoria texana Le Conte ]), Carya cordiformis ( = Carya × brownii Sargent), Carya laciniosa ( = Carya × nussbaumeri Sargent), Carya ovata (Mill.) K.Koch , e, supostamente co tetraploide Carya tomentosa ( = Carya × schneckii Sargent).

Nome común miniatura|Distribución coma alimento. O vocábulo "pacana", e todos os seus derivados, é unha palabra de orixe algonquina:Diccionario de la lengua española (DRAE), ed. 22, 2001 por exemplo o cree pakan, o ojibwa pagan ou o abnaki pagann, que significa "cuncha dura".Pérez P., Delicias de la comida prehispanica y mexicana

Notas

Véxase tamén

Bibliografía CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México. Flora of China Editorial Committee. 1999. Flora of China (Cycadaceae through Fagaceae). 4: 1–453. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Manning, W. E. 1949. The genus Carya in Mexico. J. Arnold Arbor. 30: 425–432. Outros artigos Carya

Categoría:Carya Categoría:Oleaxinosas Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Plantas medicinais