San Martiño de Moldes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Melide. Segundo o IGE en 2018 tiña 69 habitantes (36 mulleres e 33 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 123 habitantes.

Patrimonio A igrexa románica de San Martiño de Moldes foi construída no século XII. A súa fachada principal é de perpiaño, e os muros laterais de cachotaría. O retablo principal foi traído da parroquia de Santo Estevo de Pezobrés (Santiso). O templo ten outros dous retablos: o das Angustias, baldaquino, e un retablo lateral de 1741. A súa portada occidental mostra un tímpano coa loita de Sansón e o león.

Arredor da igrexa está o camposanto, e do outro lado da estrada hai un cruceiro de 1897.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Moldes

Parroquias de Melide

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Melide

Categoría:Parroquias de Melide Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño