Freaky Fortune é un dúo musical grego asociado coa música dance, electrónica e o rap. Foi fundado no ano 2011.

Os seus membros son o vocalista Nicolás Nick Raptakis (en grego Νικόλας Ραπτάκης, nado en Atenas o 30 de abril de 1990) e o produtor musical Theofilos Pouzbouris (en grego Θεόφιλος Πουζμπούρης, nado en Atenas o 9 de febreiro 1991).

Descubrimento Foron descubertos en Internet, tras participar cun cover na competición de covers Can You Sing?https://www.youtube.com/watch?v=dKxrt0puazM, de Perez Hilton. Interpretaron un cover da canción Part of Me de Katy Perry, co cal foron eloxiados posteriormente.

Despois da súa vitoria, lanzaron tres sinxelos: Our Destinyhttps://www.youtube.com/watch?v=mdXJk4N_M5M, Strongerhttps://www.youtube.com/watch?v=l7wRQ7YSjxs e All I needhttps://www.youtube.com/watch?v=D_wVE2xgHw0, cos que tiveron un grande éxito nas radios do seu país.

En 2014 convertéronse nos representantes de Grecia para o Festival de Eurovisión 2014 nunha colaboración co rapeiro Riskykidd coa canción Rise uphttps://www.youtube.com/watch?v=z8QIbL9i2MU.

Eurovisión 2014 Freaky Fortune participaron na preselección grega para o Festival de Eurovisión de 2014 chamada Eurosong 2014 – a MAD show (organizado por unha cadea privada) na que foron seleccionados coa canción Rise Up para representar a Grecia en Copenhaguen, sede do festival.

A canción, que é unha mestura de dance e rap conseguindo así un aire moi festivo, colocouse entre as primeiras nas casas de apostas ata o final do festival. Participaron na 2ª semifinal de Eurovisión 2014 na cal quedaron 7º cun total de 74 puntos clasificándose así para a Gran Final do 10 de maio na cal actuaron na posición número 10 e quedando finalmente na 20º posición cun total de 35 puntos, non cumprindo así as expectativas que anunciaban as casas de apostas.

Notas miniatura|301x301px|Actuación de Freaky Fortune xunto con Riskykidd en Eurovisión 2014

Categoría:Grupos musicais de Grecia Categoría:Grupos musicais formados en 2011 Categoría:Cantantes en lingua grega