Francisco José Fernández de la Cigoña Núñez, nado en Vigo o 7 de maio de 1940, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo do xornalista Fabriciano Fernández Serra e neto do industrial Estanislao Núñez Barrios, asasinado en 1936, licenciouse en Dereito e Economía. Como xornalista, destaca polos seus artigos sobre a Igrexa Católica, nos que manifesta unha opinión conservadora. Escribe para medios de dereita, como La Gaceta ou Intereconomía.

Obra Jovellanos, ideología y actitudes religiosas, políticas y económicas (1983). El liberalismo y la iglesia española: historia de una persecución (1989) Antonio Capmany: pensamiento, obra histórica, política y jurídica (1993) Os bispos de Tui no século XIX (2006)

Vida persoal É irmán do naturalista Estanislao Fernández de la Cigoña. Ten tres irmáns máis, está casado e ten cinco fillos.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1940 Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes