Molly Alice Smitten-Downes, nada en Rothley (Leicestershire) o 2 de abril de 1985, é unha cantautora inglesa.
Traxectoria Primeiros anos Molly asistiu á Our Lady's Convent School en Loughborough, empezando a súa carreira musical a idade de oito anos. Estudou música no Leicester College e na Academia de Música Contemporánea de Guildford, Surrey, onde se formou como pianista.http://www.getsurrey.co.uk/whats-on/whats-on-news/former-academy-contemporary-music-student-6769299
Carreira musical O 18 de decembro de 2011 lanzouse un disco acústico chamadoFly Away with Mehttps://itunes.apple.com/gb/album/shadows/id487415556?i=487415560. O tema Shadows, da súa autoría, foi mostreado pola artista grime Marger e lanzouse en iTunes o 21 de agosto de 2011http://www.mtv.co.uk/music/urban/2734-fresh-marger-feat-molly-shadows. Molly foi a gañadora na categoría Urban-Pop do concurso Live and Unsigned do ano 2012 e tamén recibiu un recoñecemento á mellor canción nos premios The Best Of British Unsigned Music, polo seu tema Lost Generation en 2013. En abril de 2013 lanzouse a súa colaboración co produtor sueco Anders Hansson coa canción Beneath the lightshttps://itunes.apple.com/gb/album/beneath-the-lights-single/id641453788. En 2012 escribiuse e gravouse Never Forget, a súa colaboración co produtor hardcore Darren Styles.
Eurovisión 2014 O 3 de marzo de 2014, a BBC inglesa anunciou que Molly sería a representante do Reino Unido no Festival da Canción de Eurovision coa canción Children of the Universehttp://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=9288&idioma=. Dende o principio partiu como unha das grandes favoritas para gañar o festival. A gran final de Eurovision celebrouse en Copenhague o 10 de maio de 2014, na cal Molly actuou na última posición e quedou na posición número 17 con 40 puntos na clasificación final, pese a ser unha das favoritas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en Leicestershire Categoría:Nados en 1985 Categoría:Cantantes de Inglaterra