Cristóbal de Mondragón y Otálora de Mercado, coñecido como O Coronel, nado en Medina del Campo contra 1504/1514 e finado en Anveres o 4 de xaneiro de 1596, foi un militar español.

Traxectoria Nacido en Medina del Campo, o seu pai era natural da vila de Mondragón en Guipúscoa, de onde tomaron o apelido Mondragón y Otálora. A súa nai pertencía á familia Mercado, unha das liñaxes fidalgas máis importantes e poderosos de Medina del Campo.

Alistado no exército en 1532 durante o reinado de Carlos V, serviu como soldado primeiro en Italia e despois en Tunisia, Provenza, Alemaña e Flandres.

Foi unha destacada figura militar do século XVI, coronel dos terzos de Flandres servindo ás ordes do III duque de Alba, de Luís de Requesens, Xoán de Austria, Alexandre Farnesio e Pedro Ernesto de Mansfeld.

Combateu durante as guerras de Flandres contra os exércitos de Guillerme de Orange primeiro e de Mauricio de Nassau despois.

Mercede ao seu talento como estratego débenselle importantes vitorias conseguidas polos terzos españois en Flandres e os Países Baixos nunha época de decadencia do dominio español nesta rexión.

Mondragón potenciou varias técnicas militares como o vadeo de ríos grazas ás mareas e a espionaxe.

Datos da súa vida militar miniatura|300px|Mapa dos Países Baixos españois na Guerra de Flandres, no ano 1572.En vermello, territorios rebeldes; en amarelo, cidades con gornicións españolas; en verde, territorios tomados; en marrón, territorios leais á coroa de España pero autónomos. Conflitos nos que participou Guerra de Esmalcalda Batalla de Mühlberg Guerra de Flandres Socorro de Goes Asedio de Maastricht Asedio de Anveres

Mandos que ostentou Capitán Xeneral de Zelandia coronel de Valóns Mestre de Campo do Terzo Vello Mestre de Campo Xeneral do exército de Flandres Capitán Xeneral do exército do Brabante Gobernador de Gante Gobernador de Anveres Gobernador de Damvillers

Títulos nobiliarios Señor de Émerchicourt Señor de Luz Señor de Guzanville

Véxase tamén Bibliografía "El Coronel Cristóbal de Mondragón. Apuntes para su biografía." por Don Angel Salcedo Ruiz. Madrid 1905. Marceliano Tabarés, impresor. "Memorias de la Real Academia de la Historia" Real Academia de la Historia, 1805. "Diccionario geogrático-histórico de España" Angel Casimiro de Guvantes. Real Academia de la Historia. Imprenta de la viuda de J. Ibarra, 1802. "Recuerdos Españoles en Flandes" Antonio Bermejo Herreros. Editorial Visión Libros. "Nueva colección de documentos inéditos para la historia de España y de sus indias." Francisco de Zalálburu, José León Sancho Rayón & José Sancho Rayon. Publicado por M. G. Hernández, 1892. "Colección de documentos inéditos para la historia de España." Martín Fernández de Navarrete & José León Sancho Rayón. Publicado por Imprenta de la viuda de Calero, 1880. "Revista de archivos, bibliotecas y museos." Consejo Superior de Investigaciones Científicas España. Instituto Nicolás Antonio, Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos (España). Publicado en 1910.

Ligazóns externas Una historia de violencia, artigo de Arturo Pérez-Reverte en XL Semanal (25-09-2011) Cuartos de final en Goes, artigo de Arturo Pérez-Reverte en XL Semanal (08-10-2012)

Categoría:Militares de España Categoría:Nobres de España Categoría:Nados en Medina del Campo Categoría:Finados en 1596