San Lourenzo de Olas é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 241 habitantes (124 mulleres e 117 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.

Patrimonio A igrexa parroquial de San Lourenzo de Olas, de estilo barroco, data de 1680. Consérvase unha lápida conmemorativa e un escudo que lembra aos autores da obra, e a data. Na fachada destaca a espadana no eixo central. En 1968 sufriu unha modificación.

A capela de Santo Isidro, en Queiroa de Arriba, é unha pequena construción barroca que alberga un retablo formado por varias imaxes, destacando a do patrón da capela.

Festas San Cidre o 15 de maio. As Misas o 10 de xuño. Santo Antonio o 13 de xuño. San Lourenzo os días 10 e 11 de agosto.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Olas

Parroquias de Mesía

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mesía

Ligazóns externas Olas na web do concello de Mesía

Categoría:Parroquias de Mesía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo