Zostera, as zosteras é un pequeno xénero de plantas acuáticas pertencente á familia Zosteraceae. Contén dezaseis especies. Non son verdadeiras algas verdes, porén en galego son comunmente coñecidas coma cebasVocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000. (do xermánico: se: mar ou encoro, e blum: flor; "flor do mar"Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970))) ou xebras, nomes comúns dados a especies de algas verdes empregadas coma argazo fertilizante. Son abundantes na beiramar galega.
Descrición As cebas atópanse nos substratos areentos ou nos esteiros, mergulladas ou a boiar parcialmente. A maioría das especies de zosteras son perennes e teñen longas e brillantes follas coma fitas de cor verde de 1 cm de largo e moitos de longo. Os seus curtos caules agroman dun rizoma abrancazado. As flores atópanse enclaustradas nas vaíñas das follas da base. Os froitos poden flotar. Non son en verdade algas: pertencen ao reino das plantas, son espermatofitas e anxiospermas.
Zostera son importantes para a deposición de sedimentos, estabilización de substratos e coma substrato de algas epífitas e de micro invertebrados, e coma abeiro de moitas especies de peixes de importancia económica.
Especies Zostera angustifolia Zostera asiatica Zostera caespitosa Zostera capensis Zostera capricorni Zostera caulescens Zostera chilensis Zostera japonica Zostera marina - ceba común, zostera, golfe, xebra, lavanqueiro, paniño Zostera mucronata Zostera muelleri Zostera nigricaulis Zostera noltii Zostera novazelandica Zostera polychlamys Zostera tasmanica
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Flora Europaea: Zostera Flora of North America: Zostera Flora of China: Zostera species list Wasting disease of Zostera Historical Changes of Eelgrass in Buzzards Bay, MA (USA) SeagrassLI
Categoría:Zosteraceae Categoría:Plantas acuáticas Categoría:Flora de Galicia