Ben é o segundo álbum de estudio de Michael Jackson. O álbum foi estreado o 4 de agosto de 1972, mentres Jackson era aínda membro do grupo The Jackson 5. O álbum recibiu críticas diversas dos críticos da época. Ben foi máis exitosa nas listas musicais do que fora o seu anterior traballo, acadando postos no Top Ten da Billboard 200. Internacionalmente, o álbum foi menos exitoso, cun número doce nas listas do Canadá, e entrando no top 200 en Australia e Francia.
Mundialmente, Ben vendeu 5 millóns de unidades. O álbum tivo un só sinxelo, titulado "Ben", que foi un éxito comercial nas listas musicias, acadando o número 1 das Billboard Hot 100, dando a Jackson o seu primeiro número 1 nesta clasificación. "Ben" tamén foi número 1 noutras listas do mundo. "Everybody's Somebody's Fool" estaba pensado para ser o segundo sinxelo do álbum, mais cancelouse por razóns sen especificar. Dúas das cancións foron recuperadas como parte do recompilatorio de 2009 Hello World: The Motown Solo Collection.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Michael Jackson Categoría:Álbums musicais de 1972 Categoría:Álbums de Motown