miniatura|250px|Percorrido do sendeiro de Anglesey. O sendeiro da costa de Anglesey (en ) é unha ruta de 200 km de longo que rodea a illa de Anglesey no norte de Gales. A ruta é parte do sendeiro da costa de Gales. Foi inaugurada formalmente por Rhodri Morgan, Primeiro Ministro de Gales, o 9 de xuño de 2006.
Descrición A ruta segue toda a costa, case arrodeando a costa toda. As dúas excepcións son onde o sendeiro pasa por Plas Newydd, e no estuario de Afon Alaw, entre Llanfachraeth e Llanynghenedl. A ruta comeza e remata oficialmente en Holyhead, e é descrito na guía oficial coa dirección ó contrario das agullas do reloxo. O proxecto de custou £1,4 millóns e conta cunha boa sinalización durante todo o trazado. Pode durar entre 7 e 10 días completar o sendeiro completo.
Os fondos do "Obxectivo 1" Europeo contribuíron neste proxecto, que pretende satisfacer a crecente demanda de paseos costeiros. O camiño foi creado por unha asociación dirixida pola axencia comunitaria Menter Môn e polo Consello Condal da illa de Anglesey.
Puntos de paso Comezando en Holyhead e no sentido contrario ás agullas do reloxo, o sendeiro atravesa ou pasa preto de:
Puntos de paso do sendeiro N. Imaxe Tipo Localización Autoridade unitaria Observacións 1 x50px|esquerda|border Porto Holyhead Anglesey Localizado na meirande cidade de Anglesey. 2 x50px|esquerda|border Faro South Stack Anglesey O faro está considerado como unha das iconas de Anglesey. 3 x50px|esquerda|border Praia Illa Holy Anglesey Localizada na meirande illa de Anglesey. 4 x50px|esquerda|border Vila Trearddur Anglesey Localizada nunha baía, ó sur de Holyhead, na costa oeste da illa Holy. 5 x50px|esquerda|border Vila Rhoscolyn Anglesey Vila preto da praia de Borthwen cun acceso pouco doado. 6 x50px|esquerda|border Vila Rhosneigr Anglesey Localizada a 10 km ó sueste de Holyhead. 7 x50px|esquerda|border Cámara funeraria neolítica Barclodiad e Gawres Anglesey Exemplo dunha tumba de corredor cruciforme 8 x50px|esquerda|border Igrexa Igrexa de Cribinau Anglesey Cribinau é unha pequena illa mareal localizada na costa suroeste de Anglesey. 9 x50px|esquerda|border Vila Aberffraw Anglesey Aberffraw está localizado xunto á ribeira oeste do río Ffraw. 10 x50px|esquerda|border Igrexa Igrexa de Llangadwaladr Anglesey Na igrexa atópase a tumba de Cadfan ap Iago, Rei de Gwynedd (c. 616—c. 625). 11 x50px|esquerda|border Illa Illa Llanddwyn Anglesey A illa Llanddwyn é unha pequena illa mareal. A cidade máis achegada é Newborough. 12 x50px|esquerda|border Ponte Ponte Britannia Anglesey Ponte sobre o estreito de Menai, entre as illas de Anglesey e Gran Bretaña. 13 x50px|esquerda|border Estreito Swellies Anglesey É o paso de navegación máis perigoso do estreito de Menai. 14 x50px|esquerda|border Illa Illa Church Anglesey Pequena illa só accesible a pé dende o paseo Belga. 15 x50px|esquerda|border Ponte Ponte colgante de Menai Anglesey Unha das primeiras pontes colgantes do mundo, deseñada por Thomas Telford. 16 x50px|esquerda|border Vila Menai Bridge Anglesey É o terceiro maior asentamento da illa, cunha poboación de 3.146 habitantes. 17 x50px|esquerda|border Vila Llandegfan Anglesey A vila orixinal, Hen Llandegfan, localizábase no antigo camiño dende o cruzamento do Estreito de Menai en Porthaethwy vía Pentraeth cara a Beaumaris. 18 x50px|esquerda|border Castelo Beaumaris Anglesey É a antiga cidade condal da illa de Anglesey e localízase na costa da entrada leste do Estreito de Menai. 19 x50px|esquerda|border Pena Penmon Anglesey Atópase a uns 5 km ó leste da cidade de Beaumaris, na comunidade de Llangoed. 20 x50px|esquerda|border Illa Illa Puffin Anglesey Trátase dunha illa deshabitada localizada no extremo oriental de Anglesey. 21 x50px|esquerda|border Baía Traeth Coch Anglesey É unha ampla baía de area e unha zona de gran beleza natural, na costa leste. 22 x50px|esquerda|border Vila Benllech Anglesey Atópase na comunidade de Llanfair-Mathafarn-Eithaf. Ten 3.408 habitantes. 23 x50px|esquerda|border Vila Moelfre Anglesey Foi o lugar do naufraxio en 1859 do Royal Charter no final da súa viaxe dende Australia ata Liverpool. 24 x50px|esquerda|border Monumento conmemorativo Memorial Royal Charter Anglesey Monumento do naugraxio do Royal Charter, barco que viaxaba dende Australia a Liverpool onde morreron 459 persoas. 25 x50px|esquerda|border Baía Dulas Bay Anglesey É unha pequena baía na costa norte rodeada por tres praias. 26 x50px|esquerda|border Vila Amlwch Anglesey Coñecido polo seu patrimonio industrial, é a localidade máis setentrional de Gales. 27 x50px|esquerda|border Vila Bull Bay Anglesey A liña da costa é rochosa e alberga moitas covas. Algunhas destas rochas teñen uns 570 millóns de anos, o que as sitúan entre as máis antigas de Gales. 28 x50px|esquerda|border Parroquia Llanbadrig Anglesey Anacos do filme de 2006 Half Light, protagonizada por Demi Moore, rodáronse en Llanbadrig, aínda que o filme localízase principalmente en Escocia. 29 x50px|esquerda|border Vila Cemaes Anglesey Localizada na baía de Cemaes, é unha Área de Destacada Beleza Natural, en parte propiedade da Fundación Nacional para Lugares de Interese Histórico ou Beleza Natural. 30 x50px|esquerda|border Central nuclear Wylfa Nuclear Power Station Anglesey Wylfa foi a derradeira central de Magnox que se construirá no Reino Unido. Actualmente é a única central de Magnox en funcionamento no mundo. 31 x50px|esquerda|border Lagoa Lagoa Cemlyn Anglesey Cemlyn é unha baía e lagoa na costa noroeste de Anglesey, aproximadamente a 2,5 km ó oeste da central nuclear Wylfa, dentro da comunidade de Cylch-y-Garn. 32 x50px|esquerda|border Pena Carmel Head Anglesey Carmel Head é unha destacada pena costeira na punta noroeste da illa de Anglesey. 33 x50px|esquerda|border Terraplén Stanley Embankment Anglesey É un terraplén con ferrocarril, estrada e carril bici que conecta a illa de Anglesey e Holy. 34 x50px|esquerda|border Parque Penrhos Country Park Anglesey Atópase a carón da autoestrada A55, á beira da baía Beddmanarch. 35 x50px|esquerda|border Cidade Holyhead Anglesey Cunha poboación de 11.237 habitantes, é a meirande cidade do condado de Anglesey.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carl Rogers, The Isle of Anglesey Coastal Path Official Guide, 2005, Mara Books ISBN 1-902512-13-8 Ligazóns externas Páxina oficial, mapas incluídos Festival do sendeiro de Anglesey
Categoría:Xeografía de Gales Categoría:Sendeirismo