A Rexión de Mahilioŭ (en belaruso Магілёўская вобласць, "Mahilioŭskaja voblasć") é unha rexión de Belarús, con capital na cidade de Mahilioŭ.

Tanto a rexión de Mahilioŭ como a de Homieĺ sufriron severamente a catástrofe nuclear de Chernóbil de abril de 1986.

As cidades máis importantes da rexión son Mahilioŭ, Asipovičy e Babrujsk. Historia thumb|left|130px|Reprodución do escudo do voivodato de Mscislavas. No século XII xurdiu o principado de Mscislavas (tamén Mstsislaw). Xa no século XIII aparece a primeira mención á cidade de Mahilioŭ.

En 1566 a cidade formaba parte do voivodato de Mscislavas, parte do Gran Ducado de Lituania, parte constituínte da República das Dúas Nacións.

Posteriormente, en 1772, a rexión pasou a ser unha gobernación do Imperio Ruso, a gobernación de Mogilev.

Entre 1863 e 1864 tivo lugar o alzamento de xaneiro liderado por Konstanty Kalinowski, que alcanzou tamén á gobernación de Mogilev.

O 1 de xaneiro de 1919 foi creado o distrito de Mahilioŭ na República Socialista Soviética de Belarús, e o 15 de xaneiro de 1938 foi creada a rexión en dito país.

Coa independencia de Belarús en 1990 a rexión mantivo os mesmos límites xeográficos.

Xeografía A rexión de Mahilioŭ ten unha área total de 29.100 km², arredor do 14% da superficie do país.

A rexión está atravesada por numerosos ríos, entre eles o Dniapro, Biarezina, Sož, Druć e o Pcič.

Clima A rexión ten un clima temperado continental. A rexión ten invernos non especialmente severos, e veráns cálidos. A temperatura media en xaneiro varía entre os -8,2 °C ao nordeste e os -6,5 °C ao suroeste. A temperatura media en xullo varía entre os 17,8 °C ao nordeste e os 18,7 °C ao suroeste.

Divisións administrativas A rexión está composta por 21 distritos (raions), 195 selsovets, 14 vilas, 3 municipalidades e 12 núcleos urbanos.

Distritos da rexión de Mahilioŭ thumb|right|280px|Mapa das divisións administrativas da rexión. Os 21 distritos da rexión de Mahilioŭ son os seguintes: Distrito de Asipovicki Distrito de Babrujsk Distrito de Bialyničy Distrito de Bychaŭ Distrito de Chocimski Distrito de Čavusy Distrito de Čerykaŭ Distrito de Drybin Distrito de Hlusk Distrito de Horki Distrito de Kasciukovičy Distrito de Kiraŭsk Distrito de Kličaŭ Distrito de Klimavičy Distrito de Krasnapolle Distrito de Kruhlaje Distrito de Kryčaŭ Distrito de Mahilioŭ Distrito de Mscislaŭ Distrito de Škloŭ Distrito de Slaŭharad

Demografía A rexión tiña en 2009 unha poboación total de 1.099.374 habitantes, dos que 975.147 eran belarusos, 86.256 rusos, 13.110 ucraínos, 1.773 polacos e 1.461 xudeus, ademais doutros grupos étnicos:

Evolución da poboación da rexión de Mahilioŭ por grupo étnico(Só se inclúen os grupos cunha poboación maior de 500 habitantes)Grupo195919701979198919992009Belarusos 1.033.760 1.050.359 1.050.901 1.051.885 1.044.249 975.147Rusos 90.398 120.504 138.643 166.007 132.075 86.256Ucraínos 16.404 21.407 23.798 29.394 21.132 13.110Polacos 3.643 3.145 3.649 3.661 2.798 1.773Xudeus 28.445 25.807 23.135 18.480 3.530 1.461Armenios ... 288 258 404 1.171 937Xitanos ... 1.001 1.268 1.386 1.079 730Azerís ... 139 334 860 926 596Total 1.176.556 1.226.859 1.246.833 1.279.797 1.213.521 1.099.374

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial .

Mahiliou